Don Quijote (Madrid)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don Quijote
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Lingualingua castelá
Fundación1892
FundadorEduardo Sojo
Primeira edición31 de xaneiro de 1892
Última edición26 de decembro de 1902
Circulación
ISSN2254-5581
Na rede
HemBNE: 0003807295 HemBNE: 3695592
editar datos en Wikidata ]

Don Quijote foi unha revista satírica editada na cidade española Madrid entre 1892 e polo menos, 1902[nota 1]. Tiña unha tirada semanal[2] e foi unha publicación satírica irreverente e anticlerical[3] que tiña como lema:

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A revista, editada en Madrid, publicouse entre 1892 e, polo menos, 1902; tiña unha tiraxe semanal e, nos primeiros números, dúas páxinas na que unha delas contiñas as caricaturas de Eduardo Sojo «Demócrito»,[4] o seu fundador e primeiro director. Posteriormente, foi dirixida por J. Osorio Pérez Castañón[5] e desde 1901, por Miguel Sawa.[6]

Foi precedida por unha publicación homónima, editada na Arxentina e na que tamén participou Sojo. Na versión española colaborou, entre outros, o debuxante Manuel Tovar e publicaron escritos Valle Inclán, Pío Baroja, Juan Ramón Jiménez, Ramiro de Maeztu ou Blasco Ibáñez.[7]

O 28 de xaneiro de 1898, Miguel Sawa publica un manifesto titulado "«A la juventud española"[8] no que proclama o apoio da mocidade española á postura de Zola no "affaire Dreyfus".​

A duración da publicación é dubidosa pois mentres Ramírez e Viñals sinalan o ano 1902[7] como o derradeiro da revista e na Hemeroteca dixital da Biblioteca Nacional de España o derradeiro exemplar conservado se corresponde co do 26 de decembro de 1902, outros autores como Rubio lévano até 1903, e María Nieves Fernández García establece a publicación do primeiro exemplar no 9 de xaneiro de 1892[9] e o 5 de marzo de 1903, para o final.​

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que Rubio describe o período de publicación da revista como comprendido entre 1892 e 1903,[1]
  1. Rubio 1998, pp. 297-315.
  2. Ossorio y Bernard 1903, p. 425.
  3. Viñals (2014), p. 538
  4. Ramírez (2013), p. 358
  5. Osorio (1903), p. 319
  6. Ossorio (1903), p. 425
  7. 7,0 7,1 Ramírez (2013); p. 359
  8. "Don Quijote "A la juventud española"". hemerotecadigital.bne.es. 28-01-1898. Consultado o 15-02-2018. 
  9. "Título: Don Quijote (Madrid. 1892).". hemerotecadigital.bne.es. Consultado o 15-02-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ossorio y Bernard, Manuel (1903). Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.
  • Ramírez Martín, Virginia (2013). "A la juventud española", don Quijote dreyfussard". Anales Cervantinos 45 (45): 357–370. doi:10.3989/anacervantinos.2013.015. 
  • Rubio, Jesús (1998). "Don Quijote (1892-1903): prensa radical, literatura e imagen". En Romero Tobar, Leonardo (coord.). El camino hacia el 98 : (los escritores de la restauración y la crisis del fin de siglo). pp. 297–315. ISBN 84-7522-013-4. 
  • Viñals, Carole (2014). "Recursos literarios en la prensa de fin de siglo: función de la ironía y función de la sátira en La Ilustración Popular y Don Quijote (1893-1904)". Anales de Literatura Española (26): 537–555. ISSN 0212-5889. doi:10.14198/ALEUA.2014.26.23.