Domitila Barrios de Chungara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomitila Barrios de Chungara

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata
Llallagua, Bolivia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 2012 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Cochabamba, Bolivia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCochabamba Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoperária de linha de produção (pt) Traducir , sindicalista , futbolista Editar o valor em Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Premios

Domitila Barrios de Chungara, nada en Llallagua (Departamento de Potosí, Bolivia) o 7 de maio de 1937 e finada en Cochabamba o 12 de marzo de 2012, foi unha destacada líder boliviana. De familia humilde, deu numerosos testemuños do sufrimento dos mineiros do seu país. Foi coñecida pola súa loita pacífica contra as ditaduras de René Barrientos Ortuño e de Hugo Banzer Suárez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 7 de maio de 1937 na comunidade Catavi, preto da mina Siglo XX. Cando tiña dez anos, os efectos da vida no poboado mineiro acabaron coa vida da súa nai. Domitila tivo que facerse cargo das súas cinco irmás máis novas, pois o pai pasaba todo o día traballando como xastre da policía mineira. Empezou o seu traballo na mina como palliri, recollendo os minerais das minas.[1][2]

En 1952, como esposa dun traballador mineiro, foi parte do Comité de Amas de Casa del Distrito Minero Siglo XX. O seu liderado era xa evidente, o que a levou a ser designada Secretaria Xeral dese organismo.

Exiliouse na década de 1980. Porén, pronto volveu a Bolivia e instalouse en Cochabamba. Alí impulsou un centro de formación política especialmente destinado ás mozas dos barrios empobrecidos da cidade.

Masacre de San Juan[editar | editar a fonte]

O 24 de xuño de 1967 o presidente René Barrientos Ortuño enviou un continxente militar ás comunidades de Catavi e Llallagua. O obxectivo era reprimir as reivindicacións dos mineiros parapetados contra a explotación e os abusos das grandes empresas. Tras a matanza, Domitila, quen estaba embarazada, foi apresada e torturada polos militares, e perdeu o bebé. Estes feitos coñécense como o masacre de San Juan.[3]

Folga de fame de 1978[editar | editar a fonte]

A principios de 1978 Barrios foi convocada para formar parte do segundo piquete de folguistas que instalou o sacerdote Luis Espinal en predios do xornal Presencia. Ao piquete uniuse o sacerdote Xavier Albó en apoio á folga de fame de catro mulleres mineiras contra a ditadura. En pouco tempo, máis de 1 500 persoas sumáronse á folga. Co paso das horas, os apoios á folga aumentaron de xeito considerábel. O réxime militar, xa que logo, acabou por claudicar en favor da democracia.

Barrios contribuíu a dobregar a ditadura militar de Hugo Banzer Suárez. Obrigouno a iniciar unha verdadeira apertura democrática e non un simulacro, como era o orixinalmente planeado.

Porén, o seu destacado papel só foi parte dunha traxectoria que xa era notábel. Como moitas mulleres da súa extracción social e da súa xeración identificouse cos procesos revolucionarios das décadas de 1960 e de 1970. Con todo, as forzas gobernamentais, que aspiraban a eliminar as ideas opositoras, non cesaron no seu afán de silenciala.

A persecución que sufriu a líder mineira só serviu para aumentar o alcance da súa palabra e da causa que representaba. En 1975 chegou a ser ouvida xa en escenarios internacionais. O ano seguinte, cando o seu testemuño foi plasmado no libro Si me permiten hablar..., de Moema Viezzer, o seu prestixio transcendeu as fronteiras de Bolivia.

Candidatura á vicepresidencia[editar | editar a fonte]

En 1978 foi a primeira muller en encabezar, como candidata á vicepresidencia co dirixente campesiño Casiano Amurrio, unha fórmula electoral en representación da Fronte Revolucionaria de Esquerda (FRI), hoxe extinta. Malia a fórmula non ser de todo exitosa en cuestións electorais, marcou un fito inaugural no proceso democrático que chegou até a actualidade. A figura de Domitila Barrios sintetizou causas que aínda hoxe manteñen plena vixencia, como a participación das mulleres e as poboacións campesiñas e obreiras no liderado de Bolivia.

Estes testemuños foron posteriormente recompilados nos libros "Si me permiten hablar...". Testimonio de Domitila, una mujer de las minas de Bolivia e ¡Aquí también Domitila!, e escribiu cadernos pequenos de capacitación sindical e política. Fundou a Escuela Móvil de Formación Sindical que leva o seu nome e traballou en Quillacollo e Cochabamba. En 1975 participou na Tribuna do Ano Internacional da Muller, realizada por Nacións Unidas en México, como a única muller de clase obreira asistente.[4]

Tamén foi nomeada para o Premio Nobel da Paz de 2005, xunto con Ana María Romero de Campero e Nicolasa Machuca, entre 1 000 mulleres destacadas do mundo. Un ano antes creara o Movimiento Guevarista, agrupación política que pretendía representar a loita do pobo.[5]

Finou de cancro de pulmón na cidade de Cochabamba o 13 de marzo de 2012 aos 74 anos de idade.[6]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O Goberno Nacional de Bolivia declarou 3 días de dó nacional[7] e condecorouna de maneira póstuma coa Orde do Cóndor dos Andes. A distinción foille imposta polo presidente Evo Morales, quen chegou ao val para render homenaxe á dirixente das mulleres mineiras.[8]

En 2012 desvelouse na súa honra un busto no Cemiterio Xeral de Cochabamba, onde se atopa a súa sepultura.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Azcui, Mabel (13 de marzo de 2012). "Domitila Chungara, la minera que se enfrentó a las dictaduras". El País (en español). Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  2. "Domitila Chungara, una mujer de las minas y su legado". 
  3. "Domitila Chungara, la minera que se enfrentó a las dictaduras". El País. 13 de marzo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  4. Segura Graíño (1998) p. 26
  5. "Domitila Chungara: una voz del marxismo minero – Rebelion" (en castelán). Consultado o 2022-06-29. 
  6. C.V, DEMOS, Desarrollo de Medios, S. A. de (2012-03-14). "La Jornada: Fallece opositora al régimen de Bánzer". www.jornada.com.mx (en castelán). Consultado o 2022-06-29. 
  7. Comisión Nacional de los Derechos Humanos - México (ed.). "Muere Domitila Barrios de Chungara líder minera boliviana. Feminista defensora de la lucha conjunta de mujeres y hombres contra la explotación laboral". www.cndh.org.mx. Consultado o 2022-06-29. 
  8. "«Cóndor de los Andes póstumo para Domitila Barrios Cuenca de Chungara»". Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  9. "Busto de Domitila Chungara en homenaxe á loita sindical do país". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Segura Graíño, Cristina (1998). Diccionario de mujeres en la Historia. Editorial Espasa Calpe. ISBN 84-239-8631-4. 
  • Viezzer, Moema: "Si me permiten hablar...". Testimonio de Domitila, una mujer de las minas de Bolivia. Buenos Aires: Siglo Veintiuno.