Jean Auguste Dominique Ingres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dominique Ingres»)
Infotaula de personaJean Auguste Dominique Ingres

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1780 Editar o valor em Wikidata
Montauban, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1867 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 23 Editar o valor em Wikidata
Second Empire senator (en) Traducir
25 de maio de 1862 – 14 de xaneiro de 1867
Director of the French Academy in Rome (en) Traducir
1835 – 1840
← Horace Vernet (pt) TraducirJean-Victor Schnetz (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Francesa en Roma (1806–1810)
Escola Nacional Superior de Belas Artes (1799–1801)
Institut supérieur des arts de Toulouse (en) Traducir (1791–1796) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Dampierre-Saint-Nicolas
Orvieto (pt) Traducir
Nápoles
Rávena
Roma
Siena
Florencia
Versalles
Meung-sur-Loire
Ancona
París
Tolosa
Urbino Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador , artista gráfico , arquitecto , debuxante , político , violinista , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorOrquestra Nacional do Capitólio de Toulouse (pt) Traducir, violinista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia, Retrato pictórico, nudez na arte, retrato e Orientalismo Editar o valor em Wikidata
MovementoRomanticismo e Neoclasicismo Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoThe Paintings of J. A. D. Ingres (en) Traducir (1954) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJoseph Roques (pt) Traducir, Jacques-Louis David e Jean Suau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJules Breton (pt) Traducir, Théodore Chassériau (pt) Traducir, Jean-Hippolyte Flandrin (pt) Traducir, Louis Janmot (pt) Traducir, Joseph Guichard, Alexandre Desgoffe (pt) Traducir, Firmin Salabert (pt) Traducir, Paul Flandrin, Étienne François Haro (pt) Traducir, Henri Lehmann (pt) Traducir, Frédéric Peyson (pt) Traducir, Pierre Grivolas (pt) Traducir, Eugène-André Oudiné (pt) Traducir e Jules-Claude Ziegler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDelphine Ramel (1852–valor descoñecido)
Madeleine Chapelle (1813–1849) Editar o valor em Wikidata
PaiJean-Marie-Joseph Ingres Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
17 de xaneiro de 1867Funeral (église Saint-Thomas-d'Aquin (en) Traducir)
15 de abril de 1852matrimonio (Church of Notre-Dame, Versailles (en) Traducir)
1813matrimonio Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 220c7a73-bc8e-4a12-b6f3-a0e3aa2b1b05 Discogs: 2245027 WikiTree: Ingres-1 Find a Grave: 6155 Editar o valor em Wikidata

Jean Auguste Dominique Ingres, máis coñecido como Dominique Ingres, nado en Montauban, o 29 de agosto de 1780, e finado en París o 14 de xaneiro de 1867, foi un pintor francés. O seu estilo pitórico chamouse ingrismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dominique Ingres naceu en Montauban, no departamento de Tarn-et-Garonne. A unha idade temperá, o seu pai escultor decatouse do talento pictórico que posuía Dominique, favorecendo as súas aspiracións artísticas. Con 11 anos, ingresou na academia de Tolosa (1791), onde se formou con mestres como o pintor Roques e o escultor Vigan. En 1796 mudouse a París para estudar baixo a dirección de Jacques Louis David, porén, o seu frío clasicismo non encaixou co ideal de beleza que Dominique tiña, fundado nas difíciles harmonías de liñas e cores.

En 1801 gañou o primeiro Premio de Roma con Aquiles recibindo ós embaixadores de Agamenón. Realizou numerosos debuxos e retratos como A familia Riviére (1805); Granet, A fermosa Celia; Napoleón entronizado (1806).

En 1806, Ingres marchou a Roma, onde permaneceu 18 anos. Alí descubriu a Rafael e ao Quattrocento italiano, os cales marcarían o seu estilo. A partir desta época levaría a cabo os seus traballos máis fecundos, voluptuosos espidos femininos, entre os que destaca A bañista; paisaxes, debuxos, retratos, e composicións históricas e relixiosas tratadas ao xeito das mitoloxías históricas: Xoana de Arco, A virxe da hostia, Xesús entre os seus doutores, Cristo entregando a San Pedro as chaves do reino (1820). A pesar do seu éxito en Italia, os seus cadros non gustaron na súa Francia, onde reciben duras críticas, polo que decide quedar en Roma.

En 1813, casou con Madeleine Chapelle, á que lle adicou a obra: Il fidanzamento di Raffaello, na que o pintor incorpora á amante de Rafael, a famosa Fornarina.

Trala caída de Napoleón, as dificultades económicas e familiares constitúen para Ingres un período bastante mísero durante o cal pinta con desgana todo o que se lle encarga. En 1820 instálase en Florencia e, coa presentación en Francia do seu lienzo O voto de Luis XIII (1824), realizado para a Catedral de Montauban, acadou un grande éxito nos salóns de París.

Entre 1834 e 1840 foi nomeado director da Academia de Francia en Roma.

En 1841 volveu a París onde obtivo unha forte acollida e se lle encargou a decoración das vidreiras da Capela da Notre Dame. En 1846 expuxo por primeira vez na Galería de Belas Artes, trala cal foi nomeado membro da comisión xunto con Delacroix. En 1849 presentou a súa dimisión motivada polo falecemento da súa dona.

Debido a unha enfermidade que lle afectou ós ollos, no seu derradeiro período, Ingres viuse obrigado a valerse dalgúns dos seus colaboradores para rematar as obras pertencentes ao seu período maduro, caracterizado pola busca da perfección das formas.

En 1852, Ingres casou por segunda vez con Delphine Ramel. En 1862 foi nomeado Senador.

A prodixiosa galería de retratos que deixou, constitúe un testemuño moi valioso da sociedade burguesa do seu tempo, do espírito e os costumes dunha determinada clase á que el pertencía reflectindo as virtudes e os límites.

Ingres estudou música, disciplina na que tamén destacou. Durante unha tempada foi segundo violinista na orquestra do Capitolio de Tolosa; deste pasatempo provén a expresión: violón de Ingres

Ingres finou aos oitenta e sete anos. Na actualidade atópase aterrado na cidade de Montauban, a cal lle adicou un museo instalado no seu taller: o Museo Ingres.

Principais traballos[editar | editar a fonte]

A súa obra divídese, esencialmente, en tres xéneros:

  • A pintura histórica, sobre todo a partir da súa estancia en Italia.
  • Os retratos, aínda que considerou este xénero como menor durante a súa xuventude.
  • Os espidos femininos, de liñas sinuosas, debuxo exacto e pureza de formas.

Algunhas das súas obras máis importantes son:

  • A gran bañista (chamada Valpinçon, 1808, Louvre), amosa o torso dun espido feminino cun grande refinamento de contornos e cores, a muller está iluminada polos reflexos da toalla e do turbante que limita con liñas arabescas. Esta bañista é a primeira dunha serie que realizaría ao longo da súa carreira.
  • A grande odalisca (1814, Louvre), foi encargada como un medallón para a durmiñona de Nápoles (1808, perdido). Representa á muller nun harén recostada volutuosamente nun diván, cunha pose que lembra a Madame Récamier, de David, da que Ingres pintou os accesorios.
  • Madame Moitessier (1856) (National Gallery)
  • O baño turco (1862, Louvre), representa a un grupo de mulleres espidas nun harén.

Posteridade[editar | editar a fonte]

Ingres ensinou directamente ós alumnos, o máis coñecido foi Théodore Chassériau. A súa influencia deixouse sentir entre os mellores impresionistas, destacando Edgar Degas quen tiña vinte cadros do pintor.

No século XX, Pablo Picasso, tomou, para algúns dos seus cuadros, moitas referencias de Ingres, en especial para A grande odalisca despois de Ingres pintada en 1907. Noutro estilo, Man Ray, retomou o tema dos torsos espidos no seu Violón de Ingres (1920), fotografía dunha modelo espida sobre a cal trazou os oídos do intrumento musical.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]