Dominique Aury
Dominique Aury | |
---|---|
Nome completo | Anne Cécile Desclos |
Alcume | Dominique Aury e Pauline Réage |
Nacemento | 23 de setembro de 1907 |
Lugar de nacemento | Rochefort |
Falecemento | 26 de abril de 1998 |
Lugar de falecemento | Corbeil-Essonnes |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Lycée Condorcet, Faculty of Arts of Paris e Lycée Fénelon, Paris |
Ocupación | escritora, tradutora, guionista, crítica literaria e xornalista |
Cónxuxe | Thierry Maulnier e Jean Paulhan |
Coñecida por | Back to Roissy e A História de O |
Premios | Prix des Deux Magots, Cabaleiro da Lexión de Honra e Prix des Critiques |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dominique Aury, nada en Rochefort-sur-Mer (Charente-Maritime) o 23 de setembro de 1907 e finada en Corbeil-Essonnes o 27 de abril de 1998, foi unha escritora francesa, coñecida tamén co pseudónimo de Anne Desclos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia bilingüe francés-inglés e viviu a súa infancia na Bretaña coa súa avoa. Estudou na Sorbona e traballou como xornalista ata 1946, cando entra como tradutora na editorial Gallimard, onde traduciu ao francés autores como Algernon Charles Swinburne, Evelyn Waugh, Virginia Woolf, T. S. Eliot ou F. Scott Fitzgerald e participa como xurado en numerosos premios literarios.
En 1943 coñecera a Jean Paulhan, director da prestixiosa La Nouvelle Revue Française que se converte no seu amante e logo de afirmar el que as mulleres son incapaces de escribir unha novela erótica ela escribe Histoire d'O (1954), unha novela sadomasoquista que a súa editorial se negou a publicar; tivo que publicala nunha pequena editorial, pero converteuse nun grande éxito comercial. En 1967 publicou Retour à Roissy.
Non foi ata 1994 nunha entrevista ao New Yorker que ela admitiu ser a autora da novela.