Dous mil policías e 400 soldados militares foron despregados para deter a manifestación, pero nos enfrontamentos resultou moita xente golpeada duramente, polo que requiriron tratamento hospitalario. Burns e Cunninghame-Graham foron arrestados e encarcerados durante seis semanas.
Ditas tácticas déronlle unha publicidade excelente á SDF pero non conseguiron moito máis, xa que habían melloras nas condicións económicas e o problema irlandés foi reducido entre finais do mesmo ano e principios de 1888. A axitación desvaneceuse entón.