Domingo Barja
Biografía | |
---|---|
Morte | 11 de agosto de 1900 A Gudiña, España |
Causa da morte | Homicidio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Domingo Barja Domínguez, finado na Gudiña o 11 de agosto de 1900, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Pedro Barja Rodríguez e Joaquina Domínguez Pérez.Representante en Laza de Luís Espada Guntín, foi alcalde de Laza. Foi asasinado por motivos políticos cando ía camiño da Gudiña, o 11 de agosto de 1900.[1] Para investigar o asasinato foi nomeado xuíz especial Gumersindo Buján Buján.[2] Foi acusado do crime Clemente Toro Basallo coa complicidade doutras persoas.[3] No xuízo, celebrado dous anos despois, o tribunal declarou a inculpabilidade de todos os acusados.[4]
Predecesor: ? |
Alcalde de Laza ? - 1900 |
Sucesor: ? |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Josefa Rodríguez e foi pai de Trifón Barja Rodríguez.