Dolors Sabater
(2021) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de outubro de 1960 Badalona, España |
| 12 de marzo de 2021 – 21 de decembro de 2023 (dimisión) Lexislatura: XIII Lexislatura do Parlamento de Cataluña Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021 | |
| 13 de xuño de 2015 – 20 de xuño de 2018 ← Xavier García Albiol – Àlex Pastor López → | |
| 13 de xuño de 2015 – 9 de marzo de 2021 | |
| Actividade | |
| Ocupación | funcionaria (1989–2015), pedagoga, activista, mestra, política |
| Partido político | Candidatura d'Unitat Popular - Un nou cicle per guanyar (2021–) Guanyem Catalunya (en) Guanyem Badalona en Comú (2015–2020) |
| Participou en | |
| 21 de xullo de 2023 | No ens deixem endur per la resignació. Plantem cara! |
| 28 de marzo de 2022 | Defensem l’escola en català |
| Sitio web | http://blocs.mesvilaweb.cat/mariadolors/ |
Maria Dolors Sabater i Puig, nada en Badalona en 1960, é unha profesora e activista social e cultural catalá. Foi alcaldesa de Badalona entre o 13 de xuño de 2015 e o 20 de xuño de 2018, a segunda na historia de Badalona, despois de Maite Arqué, encabezando a candidatura cidadá Guanyem Badalona en Comú.
O seu partido foi, con cinco concelleiros, a segunda forza política nas eleccións de 2015 por detrás do Partit Popular do alcalde Xavier García Albiol, con 10 concelleiros. Non obstante, foi investida alcaldesa o 13 de xuño grazas a un pacto de esquerdas, con PSC, ERC e ICV-EUiA, ademais do voto a favor do candidato de CDC Ferran Falcó.[1]
O 20 de xuño de 2018 Dolors Sabater perde a alcaldía despois dunha moción de censura liderada polo PSC e apoiada polo PP e Ciutadans.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ara, ed. (04/06/2015). "Guanyem Badalona en Comú, PSC, ERC e ICV-EUiA anuncian o acordo para botar a Albiol da alcaldía de Badalona". Consultado o 4 de xuño 2015.
- ↑ Castro, Natalia (20 de xuño de 2018). "El PSC alcanza la alcaldía de Badalona en una moción censura apoyada por PP y Cs". elplural.com (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018.