Dolors Monserdà i Vidal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de xullo de 1845 Barcelona |
| Morte | 31 de marzo de 1919 Barcelona |
| Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Ensaio, literatura, poesía, teatro e feminismo |
| Lugar de traballo | Cataluña |
| Ocupación | escritora, narrador, dramaturga, ensaísta, poetisa, columnista |
| Xénero artístico | Teatro |
| Pseudónimo literario | Dolors Monserdà de Macià |
| Familia | |
| Fillos | Àngels Macià i Monserdà, Dolors Macià i Monserdà |
| Irmáns | Enric Monserdà Vidal |
| Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana |
Dolors Monserdà i Vidal, nada en Barcelona o 10 de xuño de 1845 e finada na mesma cidade o 1 de abril de 1919, foi unha escritora catalá, que adoitaba asinar a súa obra como Dolors Monserdà de Macià.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Escribiu en castelán até 1875, e a partir de entón en catalá. Participou asiduamente nos Jocs Florals, sendo premiada nos de 1878, 1882 e 1891. Foi a primeira muller en presidir uns Jocs Florals, en 1909. Colaborou na prensa, especialmente en La Renaixença e na revista Feminal.
Unha das súas amizades máis influentes foi a da tamén escritora Maria Josepa Massanés, chegando a publicar unha biografía dela. Foi impulsora de obras de carácter social e feminista, canda a Carme Karr i Alfonsetti. Consideraba que o papel da muller burguesa era protexer, mediante a actuación persoal e a de centros adecuados, a muller traballadora, tanto por motivos humanitarios e morais, como especialmente para evitar a radicalización das súas posturas. Destacan desa época os artigos sobre a participación feminina na Semana Tráxica. Creou o Patronat d'Obreres de l'Agulla, e escribiu entre outros os libros Estudi feminista (1909) e Tasques socials (1916).
Era irmá do pintor Enric Monserdà i Vidal (1850 – 1926), e a súa filla casou co arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- "Qui ets?" (1916 e 1917).
- "He fet bé! (Propòsits d'enamorats)" (1916 e 1917).
- "Adéu a la poesia" (1916 e 1919).
- "Flors de Natzareth" (1916, 1917 e 1919).
- "Rondalles i Cançons" (1916, 1919 e 1920).
- "El verb de la Patria" (1917).
- "La nostra Universitat" (1917 e 1919).
- "A la poesia" (1917 e 1920).
- "Del meu dietari d'Anyorançes" (1919).
Escolmas
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]Crítica literaria e ensaio
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dolors Monserdà i Vidal Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine., artigo en l'Enciclopèdia (en catalán).