Dolores de Gortázar
Dolores de Gortázar | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María Dolores de Gortázar y Serantes |
Alcume | Dolores de Gortázar |
Nacemento | 1872 |
León | |
Falecemento | 9 de abril de 1936 |
Leganés | |
Nacionalidade | España |
Relixión | católica |
Alma máter | Orde dos Carmelitas Descalzos |
Ocupación | escritora, mestra, xornalista, tradutora, poeta e historiadora |
Cónxuxe | 1. Fernando Valcárcel y Saavedra 2. Francisco Pol |
Fillos | Carolina Valcárcel y de Gortázar† 7/2/1936 |
Xéneros | poesía, novela, teatro |
Estudos | Maxisterio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dolores de Gortázar Serantes, nada en León en 1872 e finada en Leganés en 9 de abril de 1936,[1] foi unha poetisa, novelista e dramaturga española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de xornalista, publicou o seu primeiro poema, moi nova, en La Crónica de León. Despois de enviuvar, estudou Maxisterio en León e en Burgos, que rematou en 1903. Fundou en Madrid a revista feminina de acción católica Roma e o Real Centro de María Cristina, escola de señoritas.
Traduciu do latín ao castelán Arte Poética de Quinto Horacio Flacco, epístola a los Pisones (Epistola ai Pisoni) de Horacio, obra premiada nos xogos florais de León. Escribiu obras teatrais[2] e publicou antigos documentos do mosteiro de San Miguel de Escalada.[3] Foi socia da Asociación de Escritores e Artistas.
Obra[editar | editar a fonte]

- Arte Poética de Quinto Horacio Flacco, tradución.
- Devoción a Jesús (1890).
- Margarita; juguete cómico en un acto y en verso (1890).
- Nimias, poesía (1898).
- ¡Sueños!, novela.
- El Cristo de la roca (1911).
- Sin color, novelitas.
- La regeneración de España, estudo político-social.
- El monasterio de Valvanera. Índices de su Becerro y Archivo a mediados del siglo XVII (1907).[4]
- El misterio de la Encarnación, relacionado con el arte.
- Vida de Santa Francisca Romana, viuda de Ponciani.
- Colección de lápidas inéditas, traducidas do latín ao castelán.
- San Gonzalo de Escalada, estudo histórico.
- Poesías patrióticas.
- ¡Felicidad!, contos.
- La roca del amor (1924), editorial Rubiños.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica na hemeroteca do ABC, 10 de abril de 1936, p. 30.
- ↑ Zamora, A. (1995) Años difíciles: Valle-Inclán y la Fundación San Gaspar Boletín RAE.
- ↑ J. M. Abascal, R. Cebrián (2006). Manuscritos sobre antigüedades de la Real Academia de la Historia Arquivado 10 de setembro de 2016 en Wayback Machine. pp. 24-25, ISBN 84-95983-73-7
- ↑ Boletín Real Academia de la Historia, tomo LI, caderno IV, pp. 241-306.
- ↑ La roca del amor Biblioteca Digital Hispánica. Biblioteca Nacional de España.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Enciclopedia Universal Micronet en DVD (en castelán).
- Simón Palmer, María del Carmen (1991). Escritoras españolas del siglo XIX, Manual bio-bibliográfico, Madrid, Castalia, ISBN 84-7039-600-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- G.F.S.E.: "Gortázar Serantes, Dolores (1872-?)" en MCN Biografías (en castelán).