Dolores Pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dolores Pan
Nacemento23 de xuño de 1957
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Dolores Pan Vázquez, nada o 23 de xuño de 1957 na Coruña, é unha médica e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, ocupou diversos cargos na estrutura administrativa da Xunta de Galicia, primeiro como delegada provincial de Sanidade en Pontevedra e logo como directora xeral de Servizos Sociais.

Cando Ana Pastor é designada ministra de Sanidade, Dolores Pan incorpórase como directora do seu gabinete e establécese en Madrid. Nas eleccións xerais de 2004 sae escollida deputada pola provincia de Pontevedra e permanece no Congreso durante esa lexislatura. Nas eleccións xerais de 2008 figura na candidatura do PPdeG ao Senado e resulta elixida, cadeira que revalida nas eleccións xerais de 2011.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada, con tres fillas.