Dolores Cebrián Fernández de Villegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Dolores Cebrián Fernández de Villegas
Nome completo Dolores Cebrián Fernández de Villegas
Nacemento 13 de agosto de 1881
  Salamanca
Falecemento 18 de febreiro de 1973
  Madrid
Soterrada Cemiterio Civil de Madrid
Nacionalidade España
Ocupación profesora
Cónxuxe Julián Besteiro
editar datos en Wikidata ]

Dolores Cebrián Fernández de Villegas, nada en Salamanca o 13 de agosto de 1881 e finada en Madrid o 18 de febreiro de 1973,[1] foi unha profesora española, esposa de Julián Besteiro,[2] e irmá de Amparo, esposa de Luis de Zulueta.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Cristino Cebrián y Villanova, un militar salmantino, médico e profesor na Universidade de Salamanca, e de Concepción Fernández de Villegas, ama de casa, que tiveron sete fillos.

Estudou Maxisterio na súa cidade natal, onde exerceu de mestra de Primeiro Ensino, profesora auxiliar de Ciencias Naturais da Escola Normal e profesora de Ciencias Físicas na Escola Normal de Mestres. Posteriormente foi profesora na Sección de Ciencias da Escola Normal de Toledo.

En 1913 casou co dirixente socialista Julián Besteiro en Madrid, aínda que nunca tiveron fillos. Pertenceu a entidades feministas como o Lyceum Club feminino de Madrid.

En 1920, presentou unha comunicación ó Congreso Nacional sobre Educación, celebrado en Palma de Mallorca.

Finalizada a guerra civil sufriu as consecuencias da represión. Foi separada da súa Cátedra e non volveu recibir permiso para exercer o ensino. Sufriu a reclusión do seu marido, Julián Besteiro, acompañándoo polos cárceres de Porlier e Cisne en Madrid, Donas en Palencia e durante a súa doenza no cárcere de Carmona, onde o dirixente socialista morreu en 1940.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jiménez-Landi 1996, p. 475.
  2. "Cebrián Fernández de Villegas, Dolores". Diccionario Biográfico del Socialismo Español. Fundación Pablo Iglesias. 
  3. Turrión, María José (marzo de 2016). "Dolores Cebrián, inteligencia y represión". Diario El País. Consultado o 19 de abril de 2017.