Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo
Ficha técnica

Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo é un documental dirixido e realizado por Uqui Permui sobre a loita das mulleres da fábrica Odosa da Illa de Arousa.[1]

As mulleres que traballaban na conserveira Odosa gravaron imaxes da súa protesta no ano 1989. En 2010 Uqui Permui entrevistou as mulleres que se pecharon na fábrica e elaborou un documental coas imaxes gravadas polas traballadoras no momento da protesta e as entrevistas que fixo 21 anos despois.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. culturagalega.gal (ed.). "Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo". Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  2. Permui, Uqui. "Doli, doli, doli... con las conserveras. Registro de trabajo". Consultado o 10 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.