Saltar ao contido

Dolby Atmos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dolby Atmos
Logotipo
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Fundación / creación
2012 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0j_09lk Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Dolby Atmos é unha tecnoloxía de son envolvente tridimensional baseada en obxectos que foi desenvolvida en 2012 por Dolby Laboratories. Empregouse por primeira vez na película de animación de Disney Pixar, Brave.[1] "Atmos" é a abreviatura de atmosphere, o que significa que envolve completamente ao oínte.

Inicialmente, os sistemas de cine Atmos usaban altofalantes de teito, pero máis tarde introducíronse altofalantes orientados cara arriba como alternativa para produtos de consumo. Agora, Dolby Atmos tamén se usa en auriculares, televisores, teléfonos intelixentes e tabletas.

A primeira instalación foi no Dolby Theatre dos Ánxeles para a estrea da película Brave.[2] Dolby Atmos tamén foi adaptado para o cine na casa e é o compoñente de son de Dolby Cinema.

En España, a primeira película en contar con son Dolby Atmos foi Las brujas de Zugarramurdi, que se estreou en 2013.[3]

  1. ↑ "Pixar's Brave to debut new Dolby Atmos sound system". BBC News (en inglés). 2012-04-25. Consultado o 2026-08-11.
  2. ↑ Giardina, Carolyn (2012-05-01). "Peter Jackson Considering Dolby Atmos for ‘The Hobbit’". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2026-08-11.
  3. ↑ A451, Redacción (2013-09-18). "‘Las brujas de Zugarramurdi’ en sonido 3D con Dolby Atmos". Audiovisual451 (en castelán). Consultado o 2026-08-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]