Doenza tropical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Doenzas tropicais»)
Mapamundi cos climas tropicais salientados en azul.

As doenzas tropicais son doenzas infecciosas que son especialmente prevalentes en rexións tropicais e subtropicais. As doenzas son menos prevalentes en climas tépedos, debido en parte á existencia dunha estación fría que controla a poboación de vectores artrópodos ao forzalos a hibernar.[1] Insectos como os mosquitos e as moscas e arácnidos como as carrachas son de lonxe os portadores de enfermidades ou vectores máis comúns. Estes insectos poden transportar parasitos, bacterias ou virus infecciosos para os seres humanos e os animais. Frecuentemente, a doenza é transmitida pola picada dun artrópodo que ocasiona a transmisión do axente infeccioso por medio de intercambio subcutáneo de sangue.

A exploración de selvas tropicais, a deforestación e crecente inmigración e tráfico aéreo internacional levou a unha incidencia progresivamente globalizada de tales doenzas.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jared Diamond, Armas, gérmenes y acero. Barcelona: Debate, 2006. ISBN 84-8306-667-X.
  2. Joyce, Christopher (5 de xaneiro de 2006). "Estudio encuentra que la deforestation incrementa las tasas de malaria" (en inglés). National Public Radio (NPR). Consultado o 28 de maio de 2009. 
  3. "UK 'faces tropical disease threat'" (en inglés). BBC News. 10 de xaneiro de 2002. Consultado o 28 de maio de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]