Doenza pulmonar obstructiva crónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A doenza pulmonar obstructiva crónica (DPOC) (en inglés COPD - chronic obstructive pulmonary disease) é unha enfermidade pulmonar caracterizada pola presenza dunha obstrucción das vías aéreas (alvéolos, bronquíolos e bronquios, na meirande parte das veces de xeito progresivo e en xeral irreversíbel. A causa principal da DPOC é a inflamación crónica dos pulmóns por mor da inhalación de pequenas partículas nocivas e gases, sobre todo o fume do tabaco. É por iso que a DPOC é unha doenza prevíbel se se abandona o tabaquismo. A obstrucción das vías aéreas provoca pois unha limitación do fluxo do ar aos pulmóns. Esta limitación do fluxo aéreo non é máis ca unha serie de procesos inflamatorios mesturados, como poden ser a bronquiolite obstructiva, ou enfisema (destrucción do parénquima). Co paso do tempo, estes procesos rematan por minguar a capacidade respiratoria do doente e chegan mesmo a acurtar considerábelmente a vida do paciente. Entre un 20% e un 25% dos fumadores rematan por desenvolver a doenza. Porén, aínda son descoñecidas as causas da predisposición ao padecemento da DPOC. Case que tódolos estudos confirman que pode ser un compoñente multifactorial o que determine a susceptibilidade individual á enfermidade, isto é, interveñen elementos xenéticos, como ambientais (alimentación, tabaco, estilo de vida, etc). É a 4º causa de morte no mundo, e constitúe unha das doenzas na que non se conseguiu minguar a mortalidade nos derradeiros 30 anos.

Definición[editar | editar a fonte]

No ano 2002, o Segundo Consenso Mexicano para o Diagnóstico e Tratamento da DPOC, definiuno coma unha doenza caracterizada pola limitación do fluxo aéreo, que non é modificábel significativamente e usualmente progresiva. Esta limitación asóciase cunha resposta inflamatoria anormal dos pulmóns e a vía aérea cuxos factores de risco máis importantes so a exposición a partículas nocivas e gases, principalmente derivados do consumo de tabaco e a exposición ao fume de leña. Segundo a iniciativa GOLD de 2006, na Guía para o manexo e prevención da DPOC:

A DPOC é unha doenza prevíbel e tratábel, con afección sistémica extrapulmonar que pode contribuír á gravidade nalgúns doentes. O componente pulmonar caracterízase por unha limitación do fluxo de aire (respiratorio) que pode ou non ser completamente reversíbel. A limitación ao fluxo de ar é polo xeral progresiva e asóciase a unha resposta inflamatoria pulmonar anómala a partículas ou gases tóxicos.[1]

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

A prevalencia mundial da DPOC é arredor dun 10-15%. A prevalencia é maior en homes, malia que nos últimos anos veuse detectando un aumento exponencial dos casos de DPOC en mulleres. Isto pode ser debido ao incremento do tabaquismo tamén nas mulleres nas últimas décadas. A DPOC adoita diagnosticarse tarde, xa que moitos doentes non presentan síntoma ningún. As probas de función respiratoria, como poden ser as espirometrías, poderían axudar a un diagnóstico precoz. A mortalidade por DPOC varía grandemente entre os diferentes países, sendo unha das principais causas de morte tanto nos países desenvolvidos coma nos subdesenvolvidos. O 96% dos doentes teñen máis de 40 anos.

O proxecto Platino, levado a termo pola ALAT (Asociación Latinoamericana del Tórax), foi quen de dar a coñecer a prevalencia da DPOC en cinco países de Iberoamérica (Brasil, Chile, México, Uruguai e Venezuela), variando moito as porcentaxes dun país ao outro, entre un 7,8% en Cidade de México e un 17 % en Montevideo[2]

Causas[editar | editar a fonte]

A etioloxía da EPOC é multifactorial, e nela interveñen tanto factores xenéticos coma ambientais. Porén, case un 95% dos casos de DPOC no mundo teñen o tabaco como factor asociado. As causas máis importantes de DPOC no mundo son:

Tabaquismo[editar | editar a fonte]

O consumo de tabaco é, sen dúbida, o principal factor de risco para padecer DPOC. Os fumadores teñen unha taxa de obstrucción pulmonar maior ca os non fumadores. Ademais, dentro do grupo dos fumadores terá máis probabilidades de padecer DPOC os que máis cigarrillos consuman. Isto é, o factor de risco do tabaco é dependente da dose. O feito de que non todos os fumadores rematen por desenvolver DPOC evidencia que o tabaco non é o único factor de risco e que ha de haber outros factores xenéticos ou ambientais. Outro factor a ter en conta á hora de valorar o risco do tabaco é a idade de comenzo do tabaquismo, sendo un comenzo temperá un maior risco que un comezo tardío. O feito de ter pais fumadores tamén aumenta o risco de DPOC, polo feito de seren os fillos fumadores pasivos en moitos casos. Por último, o tabaco tamén altera as vías respiratorias inhibindo a motilidade dos cilios cuxa función é protexernos das infeccións. Isto, xunto cunha inhibición da función dos macrófagos (células da defensa), provoca un aumento das infeccións e da inflamación que contribúe a desencadear ou ben agravar o DPOC.

Contaminación ambiental[editar | editar a fonte]

A prevalencia de DPOC é maior en cidades e áreas industrializadas. Ademais a incidencia e a mortalidade da bronquite crónica e o enfisema están moi relacionadas con altos níveis de dióxido de xofre.

Contaminación no eido laboral[editar | editar a fonte]

Existe un aumento no número de casos de DPOC en traballadores de certas industrias que manexan contaminantes. Estableceuse relación cos traballadores expostos a diisocianato de tolueno, algodón, minaría en xeral e o gran.

Infeccións[editar | editar a fonte]

As infeccións respiratorias das vías altas durante as primeiras etapas da vida están asociadas a DPOC en etapas posteriores da vida. As infeccións víricas latentes, como a do adenovirus, os rinovirus ou o virus respiratorio sincitial (VRS), poden causar amplificación das resposta inflamatoria no enfisema e predispor ao desenvolvemento da DPOC.

Xenéticas[editar | editar a fonte]

Máis do 95% das persoas con DPOC grave teñen o alelo do xene PiZZ. Estes individuos padecen enfisema prematuro, moitas veces acompañado de bronquiectasias e bronquilisis.

Distribución do xene PiZZ en Europa.
Xenes candidatos asociados ao desenvolvemento de DPOC
  • α1 antitripsina (AAT)
  • α1-antiquimiotripsina (AACT)
  • Hidrolasa epóxida micosomal (EPHX)
  • Glutatión-S-transferasa (GSTs)
  • Hemooxixenasa-1 (EPHx)
  • Factor de necrose tumoral (TNF-α)
  • Regulador de trasmembrana de Fibrose quística (CFRT)











Patoxenia[editar | editar a fonte]

Síntomas e signos[editar | editar a fonte]

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento desta doenza pretende evitar a progresión da enfermidade e aliviar os síntomas derivadas da mesma.

Tratamento farmacolóxico[editar | editar a fonte]

A base do tratamento farmacolóxico son medicamentos inhalados, con diferentes accións na árbore respiratoria:

  • Corticosteroide: en forma inhalada, permite reducir a inflamación nos condutos respiratorios, interactuando en diferentes puntos co sistema inmune a este nivel. As formas inhaladas de corticoide (fluticasona etc) elevan o risco de padecer enfermidades infecciosas na cavidade oral por diminuir as defensas inmunitarias a este nivel. En formas graves da enfermidade ou en casos de reagudización, adoitan empregarse corticoides por vía oral ou endovenosa (prednisona, metilprednisolona etc), que diminúen de xeito considerable a inflamación en todo o organismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Resumo 2006: Estratexia Global para Diagnostico, Tratamento e Prevención da Doenza Pulmonar Obstructica Crónica, Global Initiative for Chronic Obstructive Lung Disease (GOLD) 2006. Dispoñíbel en html: [1]
  2. Proxecto Platino

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Doenza pulmonar obstructiva crónica