Doechii
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Jaylah Ji'mya Hickmon 14 de agosto de 1998 Tampa |
| Outros nomes | Doechii |
| Educación | Howard W. Blake High School |
| Actividade | |
| Ocupación | rapeira, actriz, música, compositora de cancións, cantante, modelo |
| Período de actividade | 2016 |
| Xénero artístico | Música hip hop, R&B contemporáneo, música pop, hip hop alternativo e pop rap |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Capitol Records Top Dawg Entertainment (2022–) |
| Premios | |
| |
| Sitio web | iamdoechii.com |
Jaylah Ji'mya Hickmon, nada o 14 de agosto de 1998, coñecida profesionalmente como Doechii, é unha rapeira, cantante e compositora estadounidense. Deuse a coñecer por primeira vez en TikTok, o que a levou a asinar contrato con Top Dawg Entertainment e Capitol Records en 2022. A súa canción de 2023 "What It Is (Block Boy)", na que participa tamén Kodak Black, supuxo a súa primeira entrada no Billboard Hot 100 e recibiu unha certificación de platino da Recording Industry Association of America (RIAA).[1] Ese mesmo ano, debutou como actriz coa película dramática Earth Mama.
O terceiro álbum de Doechii, Alligator Bites Never Heal (2024), alcanzou o top 10 da Billboard 200 e foi aclamado pola crítica. Gañou o premio Grammy ao mellor álbum de rap na 67.ª edición dos Premios Grammy, converténdose na terceira artista feminina en gañar nesa categoría. O seu sinxelo de 2025 "Anxiety" converteuse na súa primeira canción en debutar entre as 20 mellores da lista Billboard Hot 100[2] e na primeira en chegar ao top 10.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Coven Music Sessions, Vol. 1 (2019)
- Oh the places you'll go (2020)
- Alligator Bites Never Heal (2024)
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Ref |
|---|---|---|---|
| 2023 | Earth Mama | Trina | [4] |
Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Rol | Ref |
|---|---|---|---|
| 2025 | RuPaul's Drag Race | Ela mesma | Tempada 17, episodio 2; xurado (convidada) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Spotlight: Doechii". grammy museum (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2025.
- ↑ Trust, Gary (24 de marzo de 2025). "Kendrick Lamar & SZA's 'Luther' Leads Hot 100, Playboi Carti, Chappell Roan & Doechii New in Top 10". Billboard (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2025.
- ↑ Trust, Gary (24 de marzo de 2025). "Kendrick Lamar & SZA's 'Luther' Leads Hot 100, Playboi Carti, Chappell Roan & Doechii New in top 10". Billboard (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2025.
- ↑ "'Earth Mama' Turns a Social-Issue Drama Into Something Heartbreakingly Special". Rolling Stone. 10 de xullo de 2023. Consultado o 1 de agosto de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Doechii |