Document é o quinto álbum de estudio de R.E.M., editado o 1 de setembro de 1987. Foi lanzado poucos meses despois da aparición da colección de rarezas Dead Letter Office e o derradeiro traballo con material novo que a banda editou coa I.R.S. Records. Document é o primeiro álbum no que R.E.M. traballou co produtor Scott Litt.