Dobre sestercio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dobre sestercio de Traxano Decio (249-251). Anverso: busto do emperador con coroa de raios; IMP C M Q TRAIANVS DECIVS AVG. Reverso: a deusa Felicitas en pé, sostendo caduceo e cornucopia; FELICITAS SAECVLI S-C.

O dobre sestercio foi unha moeda da Antiga Roma de gran tamaño, cuñada nun tipo de latón chamado oricalco, aparecida en tempos do Imperio ca. 249-251, no reinado de Traxano Decio, como resposta ás presións inflacionarias da época, que desvalorizaran o sestercio tradicional.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

En realidade, a nova moeda nova era pouco máis grande que o sestercio estándar, o cal, en consecuencia, se cuñou con menos peso e dimensións có orixinal.

Simultanemente aos dobres sertercios cuñados por Taxano Decio, apareceron outros emitidos a nome da súa esposa, Herenia Etruscila, en cuxos anversos aparece o busto diademado da emperatriz.[3]

Anverso dun dobre sestercio do emperador usurpador Póstumo (259-268), cuñado en Colonia en 261. Diámetro: 34 mm. Peso: 20,76 g.

Este dobre sestercio naceu con pouco éxito e caeu axiña en desuso, aínda que foi recuperada polo emperador rebelde Póstumo (259-268), gobernador dun imperio secesionista que abranguía as Illas Británicas, a Galia e partes da Xermania, e que perseguía instituír un sistema monetario reformado. Póstumo emitiu a súa propia versión do dobre sestercio, para o que en ocasións recorreu a sestercios tradicionais moi gastados polo uso, nos que reestampou o seu busto e as súas propias lendas, probablemente debido á escaseza de metal.[4][5][6]

Unha das características destas moedas consiste en que o busto do emperador aparece cunha coroa radiada (e cun diadema as emperatrices), o que era un indicativo do dobre valor da moeda, do mesmo modo que sucedía no caso dos dupondios ou "dobres ases", os antoninianos de billón ou "dobres denarios" e os dobres áureos.[7]

Despois dese reinado, o sistema monetario romano sufriu unha grande dexeneración, ata o punto de que non quedou en circulación máis que o antoniniano. O resto das moedas que se usaran anteriormente (entre elas o dobre sestercio) deixaron de usarse e foron fundidas novamente, para utilizar o metal na cuñaxe de novos antoninianos.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Doble sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com.
  2. Sellars, I. (2013). "Trajan Decius. 249-251 AD". Páxinas 278-282.
  3. Herennia Etruscilla AE Double Sestertius. RIC 136a, Cohen 21.
  4. "Double sestertius". En Forum Ancient Coins.
  5. Vagi, David L. (2001). "Double sestertius".
  6. Sánchez, D. "El doble sestercio de Decio: un experimento fracasado en la lucha contra la inflación". En Monedas Antiguas. Un blog numismático. 2011.
  7. "Cabezas coronadas: corona radiada Arquivado 07 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.". En Edouardlouvet: Monedas Romanas
  8. Lukács, B. "On the continuous devaluation of the roman currency".
  9. Sear, D. R. (2005). Páxina 21 e seguintes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]