Dobova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Postal de Dobova de antes da segunda guerra mundial.

Dobova é unha pequena poboación de 712 habitantes (2012) no municipio de Brežice, no leste de Eslovenia, preto da fronteira con Croacia.

A liña ferroviaria que vai de Liubliana a Zagreb pasa pola estación de tren de Dobova, a cal está preto da fronteira croata. A área era tradicionalmente parte da Baixa Estíria (en lingua eslovena Spodnja Štajerska).

Na actualidade está incluída co resto do municipio na rexión do Baixo Posavje[1].

A igrexa parroquial da localidade está adicada a Santa María e pertence á diocese católica romana de Celje. É un edificio neo-románico, cunha nave tripla, construído no lugar de dúas igrexas anteriores en 1865.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]