Do Androids Dream of Electric Sheep?
| Do Androids Dream of Electric Sheep? | |
|---|---|
| Título orixinal | Do Androids Dream of Electric Sheep? |
| Autor/a | Philip K. Dick |
| Orixe | Estados Unidos de América |
| Lingua | Inglés |
| Tema(s) | Ciencia ficción |
| Xénero(s) | Novela |
| Editorial | Doubleday |
| Data de pub. | 1968 |
| Formato | Tapas duras e brandas |
| Páxinas | 210 |
Do Androids Dream of Electric Sheep? (retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968. A novela está ambientada nun San Francisco post-apocalíptico, onde a vida na Terra foi seriamente danada por unha guerra mundial nuclear. A maioría das especies animais están ameazadas ou extintas por mor da radiación, polo que posuír un animal é un sinal de status e empatía, unha actituda alentada cara ós animais. O libro serviu como base para o filme de 1982 Blade Runner, e moitos elementos e temas tamén foron usados para a secuela de 2017 Blade Runner 2049.
O argumento principal conta a historia de Rick Deckard, un cazarrecompensas que ten a misión de "retirar" (asasinar) seis androides modelo Nexus-6, ó tempo que unha trama secundaria segue a historia de Isidore, un home de categoría inferior que axuda os androides fuxitivos. Arredor da misión de Deckard, a novela explora os temas sobre o que quere dicir ser humano e se a empatía é unha habilidade exclusivamente humana.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dick, Philip K. (1968). Do Androids Dream of Electric Sheep?. Nova York: Ballantine Books. ISBN 0-345-40447-5. First published in Philip K. Dick: Electric Shepherd, Norstrilla Press.
Zelazny, Roger (1975). "Introduction" - Scott, Ridley (1982). Blade Runner. Warner Brothers.
- The Electric Sheep screensaver software is an homage to Do Androids dream of electric sheep?.
- Do Androids Dream of Electric Sheep? at Worlds Without End
- Philip K. Dick, The Little Black Box, 1964 - a short story depicting Mercerisms origin, published 4 years prior to "Do Androids Dream of Electric Sheep?"
|