Dmitri Kondratiev
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de maio de 1969 Irkutsk |
| Comandante da EEI | |
| 16 de marzo de 2011 – 16 de maio de 2011 ← Scott Kelly – Andrei Borisenko → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Kacha Higher Military Aviation School of Pilots (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Rusia |
| Rango militar | coronel coronel |
| Tempo no espazo | 159 días, 7 horas e 17 minutos |
| Actividade extravehicular | 2 (10 horas e 13 minutos) |
| Premios | |
Dmitri Iurievich Kondratiev, nado en Irkutsk o 25 de maio de 1969, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-20 e das expedicións 26 e 27 á Estación Espacial Internacional.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kondratiev graduouse na Escola de Pilotos da Forza Aérea de Kachinsk en 1990 como piloto e enxeñeiro. En 2000 graduouse en Economía, Estatística e Ciencias da Computación pola Universidade Estatal de Moscova e na Academia Iuri Gagarin da Forza Aérea en 2004. Entrou no corpo de cosmonautas en 1997, participando na misión Soiuz TMA-20 formando parte das expedicións 26 e 27 á Estación Espacial Internacional. Pasou 159,30 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mark Wade (2020). "Kondratiyev, Dmitri Yuriyevich" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dmitri Kondratiev |