Distrito de Sukhumi
Aparencia
| Аҟәа араион (ab) სოხუმის რაიონი (ka) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado non recoñecido | Abkhazia | ||||
| Capital | Sukhumi | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 11.460 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.523 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
O distrito de Sukhumi (en xeorxiano: სოხუმის რაიონი, en abkhazo: Аҟәа араион, en ruso: Сухумский район) é un distrito de Abkhazia, unha das repúblicas independentes de facto de Xeorxia. Corresponde co distrito epónimo xeorxiano. A súa capital é Sukhumi, a cidade homónima, que tamén é a capital de toda a república. O distrito ten unha poboación de 11 531 persoas segundo o censo de 2011. A cidade de Sukhumi é unha entidade administrativa separada con máis 60 000 habitantes.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2011, tiña unha poboación de 11 531 persoas, compostas por:[2]
- Armenios (56,1%)
- Abkhazos (30,4%)
- Rusos (7,5%)
- Xeorxianos (2,0%)
- Ucraínos (0,5%)
