Saltar ao contido

Distrito de Sembabule

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Sembabule

EpónimoSembabule Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°00′N 31°24′L / 0, 31.4
EstadoUganda
RexiónRexión Central Editar o valor en Wikidata
CapitalSembabule Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación184.178 (2002) Editar o valor en Wikidata (74,55 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.470,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.200 m Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-111 Editar o valor en Wikidata

Sitio websembabule.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Sembabule é un distrito da Rexión Central de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Sembabule.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Limita co distrito de Mubende polo norte, co distrito de Gomba polo nordeste, co distrito de Bukomansimbi polo leste, co distrito de Lwengo polo sur, co distrito de Lyantonde polo suroeste e co distrito de Kiruhura polo noroeste. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada dunhas 180.000 persoas.

O distrito Sembabule formouse a partir dun anaco do distrito de Masaka en 1997. A gandaría e, a pesar das súas relativamente baixas precipitacións, a agricultura, son os principais piares económicos do distrito. Así mesmo, tamén existe unha incipiente acuicultura in crescendo.

Na contorna de Bwera, hai un lugar coñecido como Bigo bya Mugenyi, que parece ser a localización dun asentamento datado da Idade de Ferro (1200 - 1000 adC). As escavacións no lugar sacaron á luz follas de ferro (probablemente para segas), cerámicas con ornamentacións simples, estrume de gado e buratos para estacas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]