Saltar ao contido

Distrito de Oyam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Oyam

EpónimoOyam Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°23′N 32°30′L / 2.38, 32.5
EstadoUganda
RexiónRexión Norte Editar o valor en Wikidata
CapitalOyam Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación477.464 (2024) Editar o valor en Wikidata (217,94 hab./km²)
Lingua usadalingua lango
lingua acholí Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.190,8 km² Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-321 Editar o valor en Wikidata

Sitio weboyam.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Oyam é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos de Uganda, o seu nome provén da poboación capital, Oyam.

Limita co distrito de Gulu polo norte, co distrito de Pader polo nordeste, co distrito de Kole polo leste, co distrito de Apac polo sur, co distrito de Kiryandongo polo suroeste e co distrito de Nwoya polo oeste.[1] Oyam, a cabeceira, atópase aproximadamente a 73 km ao oeste de Lira, a maior poboación da subrexión.

O distrito foi establecido polo parlamento ugandés no 2006. Anteriormente, o distrito formaba parte do distrito de Apac. Canda o distrito de Lira, o distrito de Alebtong, o distrito de Amolatar, o distrito de Apac, o distrito de Dokolo, o distrito de Kole, o distrito de Otuke, o distrito de Oyam forma parte da subrexión Lango, lar dunha poboación langi de millón e medio de individuos. É un distrito predominantemente rural.[2]

No censo do ano 2002, tiña unha poboación estimada de 268.400 habitantes, e dábaselle un crecemento do 3%, polo que, para o 2010, tería unha poboación de 340.000 habitantes.

A agricultura de subsistencia e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.[3]

  1. Mapa dos distritos de Uganda
  2. "Profile of Oyam District". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2010. Consultado o 26 de outubro de 2013.
  3. About the Economy of Oyam District[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]