Saltar ao contido

Distrito de Ngora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Ngora

EpónimoNgora Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°30′N 33°48′L / 1.5, 33.8
EstadoUganda
RexiónRexión Leste Editar o valor en Wikidata
CapitalNgora Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación213.777 (2024) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.100 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2UG-231 Editar o valor en Wikidata

Sitio webngora.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Ngora é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación princial, Ngora.

Limita co distrito de Soroti polo noroeste, co distrito de Katakwi polo nordeste, co distrito de Kumi polo leste, co distrito de Pallisa polo sur, e co distrito de Serere polo oeste.

O distrito foi establecido o 1 de xullo de 2010 polo parlamento ugandés. Antes formaba parte do distrito de Kumi. O distrito de Ngora conxuntamente cos distritos Amuria, Bukedea, Kaberamaido, Katakwi, Kumi, Serere e Soroti forman a subrexión Teso, lar de dous millóns e medio de persoas pertencentes ás etnias iteso e kumam. O distrito de Ngora formouse a partir do ex-condado de Ngora, que estaba formado polos sub-condados de Kapir (Okapel), Kobwin, Mukura e Ngora.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 101.867 habitantes.[1]

  1. "Censo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2014. Consultado o 04 de marzo de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]