Distrito de Nebbi
| Epónimo | Nebbi | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Rexión Norte | ||||
| Capital | Nebbi | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 396.794 (2014) | ||||
| Lingua usada | lingua lendu lingua ndo lingua alur lingua ma'di meridional | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.953,2 km² | ||||
| ISO 3166-2 | UG-310 | ||||
| Sitio web | nebbi.go.ug | ||||
O distrito de Nebbi é un distrito da Rexión Norte de Uganda, denominado así pola súa cabeceira, Nebbi.
Limita co distrito de Arua polo norte, co distrito de Amuru polo nordeste, co distrito de Nwoya polo leste, co distrito de Bulisa polo sueste, coa República Democrática do Congo polo sur e co distrito de Zombo polo oeste.[1] Nebbi, a súa cabeceira, atópase aproximadamente a 77 km ao sueste de Arua, o pobo principal da subrexión.[2]
O distrito divídese en dous condados: Padyere e Jonam. No ano 2010, o condado de Okoro separouse do distrito de Nebbi para formar o distrito de Zombo. Hai un pequeno aeroporto preto de Nebbi, que se pode alcanzar cun voo desde o aeroporto de Entebbe.
Hai unha catedral católica en Nebbi, e a diocese anglicana ten base en Goli, unha poboación situada na fronteira coa República Democrática do Congo, a uns 15 km ao sur de Nebbi. O primeiro bispo da diocese anglicana de Nebbi foi Henry Luke Orombi. O primeiro bispo católico foi John Baptist Odama.
A etnia predominante do distrito son os alur. O censo do ano 2002 estimaba a poboación do distrito, como é tras o 2010, de aproximadamente 226.310 habitantes. A taxa de crecemento estimouse nun 2,5% no 2002,[3] polo que a poboación no 2010 sería de 324.500 habitantes.
A agricultura e a gandaría, así como a pesca no lago Alberte e no río Nilo Branco, así como nos ríos Nyagak e Namrwodho, son as principais actividades económicas do distrito.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Nebbi District at Ugandatravelguide.com Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
