Saltar ao contido

Distrito de Napak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Napak

EpónimoNapak Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°12′N 34°18′L / 2.2, 34.3
EstadoUganda
RexiónRexión Norte Editar o valor en Wikidata
CapitalNapak Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación211.830 (2024) Editar o valor en Wikidata (42,55 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.978,4 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.500 m Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-327 e UG-328 Editar o valor en Wikidata

Sitio webnapak.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Napak é un distrito na Rexión Norte de Uganda, chamado así pola súa cabeceira, Napak.

Limita co distrito de Abim polo noroeste, co distrito de Kotido polo norte, co distrito de Moroto polo leste e nordeste, co distrito de Nakapiripirit polo sueste, co distrito de Katakwi polo sur, co distrito de Amuria polo suroeste e co distrito de Otuke polo oeste. Napak, a cabeceira, atópase a aproximadamente 80 km ao suroeste de Moroto, a maior poboación da subrexión.[1]

O distrito formouse a partir dun anaco do distrito de Moroto no ano 2010. Forma parte da subrexión Karamoja, que inclúe os distritos Abim, Amudat, Kaabong, Kotido, Moroto , Nakapiripirit e o mesmo Napak.

A subrexión ten unha poboación estimada dunhas 800.000 persoas (2002).

O censo do ano 2002 estimaba a poboación do distrito en 112.700 habitantes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]