Saltar ao contido

Distrito de Mbale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Mbale

EpónimoMbale Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°57′00″N 34°20′00″L / 0.95, 34.333333333333
EstadoUganda
RexiónRexión Leste Editar o valor en Wikidata
CapitalMbale Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación290.356 (2024) Editar o valor en Wikidata (117,7 hab./km²)
Lingua usadalingua nyole
lingua gwere
lingua masaba Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.467 km² Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-209 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmbale.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Mbale é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa cidade principal, Mbale.

Limita co distrito de Sironko polo norte, co distrito de Bududa polo nordeste, co distrito de Manafwa polo sueste, co distrito de Tororo polo sur, co distrito de Butaleja polo suroeste, co distrito de Budaka polo oeste, e cos distritos Pallisa e Kumi polo noroeste.

Posúe unha área de 2.467 km2. Os distritos de Bududa, Manafwa e Sironko formaban parte do distrito de Mbale antes de se separaren para formar distritos diferentes.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 332.200 habitantes. O 92% da poboación pertence ao rural. Os principais grupos étnicos do distrito son os bamasaba e os bagisu. A principal lingua é o lugisu, tamén chamada lumasaba.

A principal actividade económica do distrito é a agricultura.

A Universidade Islámica en Uganda (IUIU) ten base na cidade de Mbale.

Mbale foi formalmente irmandada con Pontypridd, Gales a través de diversas cerimonias no 2005. A irmandade fíxose con fin de ligar profesionais e organizacións de Gales cos seus homólogos en África, baixo o auspicio caritativo de PONT (Partnerships Overseas Networking Trust).[1]

  1. "PONT Background". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]