Distrito de Masaka
| Distrito de Masaka | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O distrito de Masaka é un distrito da Rexión Central de Uganda. A súa principal poboación é Masaka, cunha poboación estimada no ano 2011 de 74.100 habitantes.[1]
Limita co distrito de Bukomansimbi polo noroeste, co distrito de Kalungu polo norte, co distrito de Kalangala polo leste e sur, co distrito de Rakai polo sueste e co distrito de Lwengo polo oeste.
O distrito Masaka foi establecido no 1900 comprendendo o que eran condados do reino Buganda: Buddu, Kooki, Kabula e Mawogola. Inicialmente, Kooki e Kabula pasaron a formar o distrito de Rakai. Logo, a parte norte do Distrito Rakai modificouse para formar o distrito de Lyantonde. En 1997, o Condado Mawogola separouse de Buddu e foi nomeado distrito de Sembabule. Buddu foi rebautizado como distrito de Masaka.
No 2010, Buddu foi debullado en catro distritos, especialmente:
- Distrito de Bukomansimbi
- Distrito de Kalungu
- Distrito de Lwengo
- Distrito de Masaka
Demografía
[editar | editar a fonte]O censo do 2002 facía unha estimación da poboación do distrito de Masaka de 228.200 habitantes, cun crecemento anual darredor un 3.0%. Con estes datos, para o ano 2010, a poboación do distrito era de aproximadamente 289.000 habitantes:
Poboación do distrito de Masaka
| Ano | Poboación estimada |
|---|---|
| 2002 | 228.200 |
| 2003 | 235.050 |
| 2004 | 242.100 |
| 2005 | 249.350 |
| 2006 | 256.800 |
| 2007 | 264.500 |
| 2008 | 272.400 |
| 2009 | 280.600 |
| 2010 | 289.000 |
Cultura
[editar | editar a fonte]O distrito posúe un rico patrimonio cultural, así como diversidade étnica. A maioría da xente é do grupo baganda, seguido polos grupos banyankole, banyarwanda e banyoro. A maioría das xentes inclúense dentro da cultura de Buganda e a lingua máis falada é o luganda.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía baséase grandemente no rural, con industrias a pequena escala do café, de refrescos, do metal e do algodón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Population of Masaka In 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre o Distrito Masaka Arquivado 27 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
