Distrito de Kyankwanzi
Aparencia
Coord.: 1°12′N 31°48′L / 1.2, 31.8
| Distrito de Kyankwanzi | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
O distrito de Kyankwanzi é un distrito da Rexión Central de Uganda. O nome do distrito provén da súa capital, Kyankwanzi. Creouse no ano 2010, sendo anteriormente parte do distrito de Kiboga. A agricultura e a gandaría son as dúas principais actividades económicas do distrito.
Conta cunha poboación total de 147.400 habitantes segundo as cifras subministradas polo censo de poboación levado a cabo durante o ano 2002 en Uganda, cando era subcondado.[1]
Limita co distrito de Masindi polo norte, co distrito de Nakaseke polo leste, co distrito de Kiboga polo sueste, co distrito de Mubende polo sur, co distrito de Kibaale polo suroeste e co distrito de Hoima polo noroeste.
O distrito subdivídese nas seguintes unidades administrativas:
- Mulagi
- Ntwetwe
- Gayaza
- Wattuba
- Butemba
- Nsambya
- Kyankwanzi
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Censo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2011.
