Distrito de Katakwi
| Epónimo | Katakwi | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Rexión Leste | ||||
| Capital | Katakwi | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 234.332 (2024) | ||||
| Lingua usada | lingua teso | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2.429 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| ISO 3166-2 | UG-207 | ||||
| Sitio web | katakwi.go.ug | ||||
O distrito de Katakwi é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital Katakwi.
Limita co distrito de Napak polo norte, co distrito de Nakapiripirit polo leste, co distrito de Kumi polo sur, co distrito de Ngora e co distrito de Soroti polo suroeste e co distrito de Amuria polo oeste.
Foi creado en 1997, sendo anteriormente parte do distrito de Soroti. Atópase dentro da subrexión de Teso, lar dunha poboación estimada de 2,5 millóns de persoas das etnias iteso e kumam. En xuño de 2005, a parte oeste do distrito separouse para formar o distrito de Amuria.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 118.900 habitantes.
A agricultura de subsistencia así como a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.
