Distrito de Kaliro
| Epónimo | Kaliro | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Rexión Leste | ||||
| Capital | Kaliro | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 286.397 (2024) | ||||
| Lingua usada | lingua nyole lingua soga | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.062,7 km² | ||||
| Altitude | 1.100 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| ISO 3166-2 | UG-222 e UG-220 | ||||
| Sitio web | kaliro.go.ug | ||||
O distrito de Kaliro é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Kaliro. Foi creado a partir da zona oriental do distrito de Kamuli en 2006. Ademais, limita co distrito de Serere polo norte, a través do lago Nakuwa, un dos lagos que conforman o complexo acuático do lago Kyoga; co distrito de Pallisa polo nordeste, co distrito de Namutumba polo sueste, co distrito de Iganga polo sur, co distrito de Luuka polo suroeste e co distrito de Buyende polo noroeste. Administrativamente, o distrito posúe un condado con cinco subcondados e unha municapalidade, Kaliro, a capital. A área total do territorio do distrito de Kaliro é de aproximadamente 904 km2, dos cales 710 km2 (78,5%) é terra arable.
Forma parte da subrrexión Busoga, que é lar dunha poboación de 2,5 millóns de persoas.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada dunhas 154.700 persoas. Os basoga son os principais habitantes do distrito é a lingua predominante é o lusoga.
