Saltar ao contido

Distrito de Iganga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Iganga

EpónimoIganga Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°42′N 33°28′L / 0.7, 33.47
EstadoUganda
RexiónRexión Leste Editar o valor en Wikidata
CapitalIganga Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación426.958 (2024) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua soga Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.138 m Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-203 Editar o valor en Wikidata

Sitio webiganga.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Iganga é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Iganga.

Limita co distrito de Kaliro polo norte, co distrito de Namutumba polo nordeste, co distrito de Bugiri polo leste, co distrito de Mayuge polo sur, co distrito de Jinja polo suroeste e co distrito de Luuka polo oeste.

O distrito atópase na zona sur do leste de Uganda, sobre uns 25 km ao norte do lago Vitoria. Atópase a unha altitude de 1.138 m sobre o nivel do mar e xusto ao norte do Ecuador. Atópase partido pola principal estrada da África Oriental que vai desde Kenya até Kampala, a capital ugandesa, como tamén aos países da África Central de Ruanda, Burundi e a República Democrática do Congo. Forma parte da subrexión de Busoga, lar duns dous millóns e medio de persoas.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada duns 335.500 habitantes.

A lingua tradicional de Busoga é o lusoga, amplamente usado, que é unha lingua bantú, próxima ao luganda, que é amplamente usado na Uganda Central e nos medios.

Economicamente, o distrito está marcado polo seu carácter rural, practicando a maioría dos habitante agricultura de subsistencia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]