O distrito de Gomba é un distrito da Rexión Central de Uganda.
Entrou en función o 1 de xullo de 2010, cando se partiu o antigo distrito de Mpigi en tres: distrito de Gomba, distrito de Butambala e distrito de Mpigi.
A súa poboación estimada no 2010 era duns cen mil habitantes,[1] o que supón un decrecemento con respecto ao 2002, cando se nomeaba como condado e tiña 133.264 habitantes.