Saltar ao contido

Distrito de Bulambuli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Bulambuli

EpónimoBulambuli Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°22′01″N 34°09′00″L / 1.367, 34.15
EstadoUganda
RexiónRexión Leste Editar o valor en Wikidata
CapitalBulambuli Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación174.508 (2014) Editar o valor en Wikidata (251,52 hab./km²)
Xeografía
Superficie693,8 km² Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-225 Editar o valor en Wikidata

Sitio webbulambuli.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Bulambuli é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital Bulambuli.

Limita co distrito de Nakapiripirit polo norte, co distrito de Kapchorwa polo leste, co distrito de Sironko polo sur e co distrito de Bukedea polo oeste.

Foi creado en 2009, e tornouse operacional o 1 de xullo de 2010. Anteriormente, o distrito formaba parte do distrito de Sironko. O territorio da zona meridional do distrito é montañoso e é propenso a enchentes.[1] En troques, a parte setentrional é seca e propensa a sufrir secas.[2]

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 97.300 habitantes.[3]

A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais actividades económicas do distrito.

  1. Floods Hit Bulambuli District www.allafrica.com Consultado o 5 de abril de 2012.
  2. Museveni Probes Bulambuli Water Projects Arquivado 18 de maio de 2014 en Wayback Machine. www.newvision.co.ug Consultado o 5 de abril de 2012.
  3. Censo Arquivado 13 de maio de 2014 en Wayback Machine. Consultado o 5 de abril de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]