En mecánica cuántica, o efecto Compton, observado por Arthur Compton en 1923, consiste no aumento do lonxitude de onda (e diminución de enerxía) que ocorre cando interactúan fotóns (de raios X ou gamma) de enerxía entre 0,5 MeV e 3, 5MeV cos electróns dun material.
O efecto Compton é orixinado pola dispersión de Compton, que é a dispersion inelástica dun fotón por unha partícula cargada, xeralmente un electrón. Parte da enerxía do fotón é transferida ao electrón en retroceso. Na dispersión inversa de Compton (ou Compton inversa) unha partícula cargada transfire parte da súa enerxía a un fotón.