Disney's Pocahontas (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Disney's Pocahontas
Desenvolvedor(es)Funcom (Genesis)
Tiertex (Game Boy)
Distribuidora(s)Genesis
América do Norte: Disney Interactive
Europa: SEGA
Game Boy
THQ (Black Pearl Software)
Produtor(es)Gaute Godager (Genesis)
Dympna Forkin (Game Boy)
Deseñador(es)Carl-Hendrik Skårstedt (Genesis)
Chris Brunning (Game Boy)
Artista(s)Ole-Petter Rosenlund (Genesis)
Kevin Knott (Game Boy)
Compositor(es)Patrick Collins (Genesis)
Mark Ortiz e John Prince (Game Boy)
Lanzamento1 de xaneiro de 1996
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Genesis, Game Boy
editar datos en Wikidata ]

Disney's Pocahontas é un videoxogo de plataformas baseado no filme homónimo de 1995. A versión de Genesis / Mega Drive foi desenvolvida por Funcom en contrato con Disney e lanzouse o 1 de xaneiro de 1996. Tivo unha versión posterior para Game Boy desenvolvida por Tiertex Design Studios e estreada o 10 de xuño de 1996, case un ano despois da estrea do filme. Unha versión do xogo para Super Nintendo Entertainment System estaba en proceso, mais cancelouse debido a que o desenvolvemento estaba demasiado atrasado respecto do lanzamento de Genesis.[1]

Modo de xogo[editar | editar a fonte]

O xogador controla a Pocahontas e Meeko, cambiando entre os dous con frecuencia para superar obstáculos, coa axuda de Flit como NPC. Ao longo do camiño, o xogador gaña varias habilidades novas dos espíritos animais. O xogo segue a trama do filme, mais con moitas variacións de situacións e acontecementos.

Acollida[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
Game BoyMega Drive
AllGame2.5/5 estrelas[2]3/5 estrelas[3]
EGMN/D7/10[4]

A versión Genesis foi moderadamente ben recibida pola crítica. Os catro revisores de Electronic Gaming Monthly criticaron os controis pero eloxiaron os gráficos e especialmente o innovador e desafiante deseño dos crebacabezas.[4] GamePro, pola contra, considerou que os crebacabezas eran sinxelos e pouco interesantes, mais que isto era axeitado para o público obxectivo do xogo e tamén eloxiou os gráficos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pocahontas - SNES Central
  2. Scott Alan Marriott. "Disney's Pocahontas (Game Boy) - Review - allgame". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  3. Brett Alan Weiss. "Disney's Pocahontas (Genesis) - Review - allgame". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Review Crew: Pocahontas". Electronic Gaming Monthly (Sendai Publishing) (80): 28. marzo de 1996. 
  5. "Pocahontas". GamePro (IDG) (92): 72. maio de 1996.