Saltar ao contido

Discorsi sopra la prima deca di Tito Livio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Discorsi sopra la prima deca di Tito Livio
Imaxe
 Instancia de
 Título
Discorsi sopra la prima deca di Tito Livio (it) Editar o valor en Wikidata
 Inspirado en
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1531 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF2747147270734435700001 Editar o valor en Wikidata
Goodreads162187 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05j53x Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX2067670
Wikidata C:Commons

Os Discorsi sopra la prima deca di Tito Livio (en galego: Discursos sobre a primeira década de Tito Livio) é unha obra de historia e filosofía política escrita cara a 1517 polo pensador e teórico político florentino Niccolò Machiavelli (1469-1527). Os Discorsi foron publicados de maneira póstuma cun privilexio papal en 1531.

O título fai referencia ao tema do libro, os dez primeiros libros da Historia de Roma de Tito Livio (c. 64 a.C.-17 d.C.), tamén coñecida como Ab urbe condita, que narra a expansión de Roma até a fin da terceira guerra samnita en 293 a.C.; porén, Machiavelli analiza tamén o que se pode aprender de moitas outras épocas, incluíndo a súa contemporaneidade. O florentino vía a historia en xeral como unha maneira útil de aprender leccións para o presente. Ademais, este tipo de traballo poderíase expandir polas xeracións vindeiras, sempre e cando non esquezan as obras do pasado.

Machiavelli adoitaba describir aos romanos e outros pobos antigos como modelos superiores para os seus concidadáns, mais tamén describe a grandeza política como algo que vai e vén en ciclos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]