Discoglossus pictus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sapiño pinto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Alytidae
Xénero: Discoglossus
Especie: D. pictus
Nome binomial
'Discoglossus pictus'
Otth, 1837

Verde, Discoglossus pictus pictus. Vermello, Discoglossus pictus auritus. Laranxa Discoglossus pictus auritus (introducida)
Verde, Discoglossus pictus pictus. Vermello, Discoglossus pictus auritus. Laranxa Discoglossus pictus auritus (introducida)

Verde, Discoglossus pictus pictus.

Vermello, Discoglossus pictus auritus.

Laranxa Discoglossus pictus auritus (introducida)
Subespecies

O sapiño pinto (Discoglossus pictus) é un anfibio anuro da familia Alytidae.

Distribución[editar | editar a fonte]

En Sicilia e Malta é autóctona e distribúese desde o nivel do mar até os 1500 m de altitude. Estes exemplares corresponden á subespecie nominal Discoglossus pictus pictus

Os exemplares do norte de Alxeria e Tunisia (Discoglossus pictus auritus) distribúense na zona costeira até a zona fronteiriza con Marrocos desde o nivel do mar até unha altura de 500 m, aínda que normalmente atópase por baixo dos 100 m.s.n.m.

Na Península Ibérica habita só no norte de Cataluña, onde ten poboacións estables no Alto e Baixo Empordán, o Xironés e o Pla de l'Estany, aínda que ocasionalmente parece ser que foi visto noutros lugares que poden ser atribuídos a erros de identificación ou a liberacións de exemplares ben de forma voluntaria ou fortuíta. No resto da Península non se coñecen poboacións estables.[2]

Os exemplares do norte de Cataluña e do sur de Francia considéranse introducidos a partir de exemplares da costa alxeriana no século XIX, polo que se inclúen dentra da subespecie Discoglossus pictus auritus.[3]

A antiga subespecie Discoglossus pictus scovazzi que se distribúe por Marrocos considérase actualmente unha especie separada.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase nunha ampla variedade de hábitats mediterráneos, desde áreas abertas, zonas costeiras areosas, prados, cultivos e bosques. Abundan en zonas con vexetación densa preto de corpos de auga, ás veces atópanse en augas salobres. En Sicilia, aproveita as canles e outras instalacións de rega.

Ameazas[editar | editar a fonte]

A poboación de Sicilia atópase ameazada nas zonas onde se abandona o aproveitamento tradicional das terras agrícolas, a cambio da urbanización. En Malta, a ameaza principal é o abuso de extracción de auga de acuíferos. En España e Francia as poboacións están en franca expansión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jaime Bosch, Franco Andreone, Miguel Tejedo, David Donaire-Barroso, Miguel Lizana, Iñigo Martínez-Solano, Alfredo Salvador, Mario García-París, Ernesto Recuero Gil, Tahar Slimani, El Hassan El Mouden, Ulrich Joger, Philippe Geniez, Claudia Corti (2009). "Discoglossus pictus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2 de marzo de 2010. 
  2. "alaquarium.com". Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2009. Consultado o 5 de decembro de 2008. 
  3. "Atlas y Libro rojo de anfibios y reptiles de España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2010. Consultado o 04 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bosch, J., Andreone, F., Tejedo, M., Donaire-Barroso, D., Lizana, M., Martínez-Solano, I., Salvador, A., García-París, M., Gil, E.R., Tahar, S. & El Mouden, E.H. 2004.
  • Otth, 1837 : Beschreibung einer neuen europäischen Froschgattung, Discoglossus. Neue Denkschriften der Allgemeinen Schweizerischen Gesellschaft für die Gesammten Naturwissenschaften, vol. 1, p.1-8.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]