Saltar ao contido

Discináceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Discinaceae»)

A das discináceas (Discinaceae) é unha familia de fungos ascomicetos, cuxos membros máis coñecidos son os do xénero Gyromitra. Orixinalmente foi creada por Erich Heinz Benedix en 1961, e viuse que era un clado diferenciado nun estudo molecular de ADN ribosómico feito polo micólogo Kerry O'Donnell en 1997.[1] En 2008, considerábase que a familia comprendía 5 xéneros e 58 especies.[2] En 2022, o GBIF acepta Discina (Fr.) Fr. (27 spp), Gymnohydnotrya B.C.Zhang & Minter, 1989 (4 spp), Gyromitra Fr., 1849 (73 spp), Hydnotrya Berk. & Broome (52 spp) e Maublancomyces (1 sp). Pero indica que Neogyromitra S.Imai e Pseudorhizina Jacz. son xéneros dubidosos.[3]

Os membros da familia Discinaceae poden ser especies epixeas e hipoxeas, e caracterízanse por ter ascomas compostos por unha capa interna de hifas entrelazadas e unha capa externa composta por células alongadas dispostas perpendicularmente á parte exterior.[4] Discinaceae comprende especies que posúen apotecios con forma de sela e trufas hipoxeas.[5] As discináceas posúen ascos cilíndricos de 8 esporas que se van adelgazando e ascósporas que poden ser elípticas, globosas ou fusoides.[5] Estes fungos presentan varias características morfolóxicas, como corpos frutíferos discoidais, pés similares a cerebros, e chapeus con forma de sela.[6] Propúxose que Discinaceae era unha liñaxe irmá de Morchellaceae, pero isto só está apoiado polas semellanzas en características morfolóxicas.[7] Membros da familia como Hydnotrya tulasnei forman relacións ectomicorrícicas con árbores de folla caduca e coníferas no hemisferio Norte.[8] A abundancia de discináceas correlaciónase significativamente co tipo de bosque, como a abundancia de Hydnotrya en bosques de ribeira que producen trufas negras en Serbia.[9]

  1. O'Donnell K, Cigelnik E, Weber NS, Trappe JM (1997). "Phylogenetic relationships among ascomycetous truffles and the true and false morels inferred from 18S and 28S ribosomal DNA sequence analysis". Mycologia 89 (1): 48–65. JSTOR 3761172. doi:10.2307/3761172.
  2. Kirk PM, Cannon PF, Minter DW, Stalpers JA (2008). Dictionary of the Fungi (10th ed.). Wallingford, UK: CAB International. pp. 214–5. ISBN 978-0-85199-826-8.
  3. "Discinaceae". www.gbif.org (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2022.
  4. McLaughlin, David J.; Spatafora, Joseph W. (2015). The Mycota. 7, Systematics and evolution. Part B : a comprehensive treatise on fungi as experimental systems for basic and applied research (2ª ed.). Heidelberg [Alemaña]: Springer. ISBN 978-3-662-46010-8.
  5. 1 2 Ekanayaka, Anusha H.; Hyde, Kevin D.; Jones, E. B. Gareth; Zhao, Qi (May 2018). "Taxonomy and phylogeny of operculate discomycetes: Pezizomycetes". Fungal Diversity 90 (1): 161–243. doi:10.1007/s13225-018-0402-z.
  6. McKnight, Kent H. (1987). A field guide to mushrooms, North America. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-395-42101-2.
  7. Hansen, K.; Pfister, D. H. (2006). "Systematics of the Pezizomycetes: The Operculate Discomycetes". Mycologia 98 (6): 1029–1040. ISSN 0027-5514. JSTOR 20444791. PMID 17486978. doi:10.3852/mycologia.98.6.1029.
  8. Stielow, Benjamin; Bubner, Ben; Hensel, Gunnar; Münzenberger, Babette; Hoffmann, Peter; Klenk, Hans-Peter; Göker, Markus (maio de 2010). "The neglected hypogeous fungus Hydnotrya bailii Soehner (1959) is a widespread sister taxon of Hydnotrya tulasnei (Berk.) Berk. & Broome (1846)". Mycological Progress 9 (2): 195–203. Bibcode:2010MycPr...9..195S. doi:10.1007/s11557-009-0625-1.
  9. Marjanović, Žaklina; Nawaz, Ali; Stevanović, Katarina; Saljnikov, Elmira; Maček, Irena; Oehl, Fritz; Wubet, Tesfaye (31 de agosto de 2020). "Root-Associated Mycobiome Differentiate between Habitats Supporting Production of Different Truffle Species in Serbian Riparian Forests". Microorganisms 8 (9): 1331. PMC 7563819. PMID 32878332. doi:10.3390/microorganisms8091331.