Dirk Kloosterman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dirk Kloosterman
Nacemento18 de marzo de 1933
Falecemento22 de maio de 1973
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidad Nacional de La Plata
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Dirck Henry Kloosterman, nado en 1935 e finado o 22 de maio de 1973 en Avellaneda, provincia de Buenos Aires) foi un enxeñeiro e dirixente sindical arxentino, secretario xeral do Sindicato de trabajadores mecánicos (SMATA) pertencente á CGT. Morreu asasinado nun atentado que se atribuíu a organización Fuerzas Armadas Peronistas (FAP) tres días antes de que ocupara o cargo o presidente constitucional Héctor Cámpora.

Biografía[editar | editar a fonte]

Dirck Kloosterman formouse como enxeñeiro mecánico na Universidad Nacional de La Plata. En 1964 comezou a traballar no movemento sindical como delegado de fábrica na empresa Peugeot. En 1966 foi elixido para formar parte do Consello Directivo do SMATA. En 1968 foi elixido Secretario Xeral do sindicato, posto que ocupaba no momento en que foi asasinado.

Dirck Kloosterman pertencía tamén ao secretariado da Confederación General del Trabajo (CGT) e era vicepresidente da Federación Internacional de Trabajadores Metalúrgicos (FITIM).

A súa morte[editar | editar a fonte]

Dirck Kloosterman foi asasinado na cidade da Plata, na porta da súa casa da Rúa 51 nº 1617, no momento en que sacaba o seu automóbil. Vivía alí coa súa esposa, fillos e o seu pai.

Kloosterman fue muerto de 4 balazos de arma corta a pocos metros de su domicilio particular a las 12.35 de ayer. Su esposa que se encontraba en la puerta de su domicilio fue testigo del atentado. Según testigos los disparos mortales fueron realizados por dos personas jóvenes que desde una hora antes se encontraban en el lugar simulando arreglar un automóvil Citroen.[1]

O atentado foi recoñecido polas Fuerzas Armadas Peronistas (FAP) organización que máis tarde se integraría en Montoneros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Opinión, 23 de mayo de 1973

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]