Saltar ao contido

Directorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Directorio
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Aspecto de
 Tema principal
 Contén
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dqcdz Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC62486 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777683733 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Captura de pantalla dunha xanela da liña de comandos de Microsoft Windows, que mostra unha lista de directorios.

En informática, un directorio é unha estrutura de catalogación dun sistema de ficheiros que contén referencias a outros ficheiros do ordenador e posiblemente a outros directorios.[1] En moitos ordenadores, os directorios coñécense como cartafoles ou carpetas,[2] de xeito análogo ao tradicional armario de arquivo de oficina. O nome directorio deriva de libros como unha guía telefónica que enumera os números de teléfono de todas as persoas que viven nunha determinada zona.

Visión xeral

[editar | editar a fonte]

Os ficheiros organízanse almacenando ficheiros relacionados no mesmo directorio. Nun sistema de ficheiros xerárquico (é dicir, un no que os ficheiros e directorios están organizados dun xeito que se asemella a unha árbore), un directorio contido dentro doutro directorio chámase subdirectorio. Os termos pai e fillo úsanse a miúdo para describir a relación entre un subdirectorio e o directorio no que está catalogado, sendo este último o pai. O directorio superior dun sistema de ficheiros deste tipo, que non ten un pai propio, chámase directorio raíz (root).

O tipo de medio freedesktop.org para directorios dentro de moitos sistemas tipo Unix, incluíndo, entre outros, sistemas que usan GNOME, KDE Plasma 5 ou ROX Desktop como ambiente de escritorio, é "inode/directory".[3] Este non é un tipo de medio rexistrado na IANA.[4]

  1. Definición de directorio no Dicionario Galego das TIC.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carpeta.
  3. Leonard, Thomas (2018-10-02). "Shared MIME-info Database" (en inglés). X Desktop Group. Non-regular files. Consultado o 2023-03-13.
  4. "Specifications". freedesktop.org (en inglés). Consultado o 2023-10-27.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.