Saltar ao contido

Director da Royal Mint

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da Royal Mint.

A denominación de director da Royal Mint abrangue os diversos nomes que ao longo da historia tivo o cargo de máxima responsabilidade das reais casas da moeda de Inglaterra e de Escocia, e actualmente da Royal Mint, de Londres.

O título de Master of the Mint outorgóuselle ao máximo responsable do funcionamento dunha casa de moeda. Foi historicamente un cargo propio dos gobernos de Escocia e de Inglaterra, máis tarde de Gran Bretaña e logo do Reino Unido, entre os séculos XVI e XIX. Ata 1699, o nomeamento adoitaba ser vitalicio e o seu titular formaba parte ocasionalmente do gabinete do Goberno.

Durante o interregno (1643-1660), o derradeiro Master of the Mint de Carlos I, Robert Harley, transferiu a súa lealdade ao Parlamento e ficou no cargo. Logo da súa morte en 1656, foi nomeado Aaron Guerdon.

En 1870, esta función fusionouse coa do Ministro de Facenda, polo que o cargo pasou a levar aparrellado, cerimonialmente, o de Master of the Mint. A partir dese momento, a tarefa efectiva da dirección da Casa da Moeda encomendóuselle ao Deputy Master of the Mint, que actúa como director executivo.[1]

Masters of the Mint en Inglaterra

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe das persoas que exerceron o cargo de Master of the Mint antes da súa fusión co de ministro de Facenda en 1870:[2][3][4][5]

Deputy Master of the Mint

[editar | editar a fonte]

O cargo de Deputy Master of the Mint é o equivalente ao de director executivo da Casa da Moeda, a partir de 1870:[3][4][5]

  1. 1,0 1,1 "Executive Management Team". Royalmint.com
  2. "A list of the Masters of the Mint". en Rogers, R. (1840). Páxinas 32-36.
  3. 3,0 3,1 3,2 Allen, M. (2012).
  4. 4,0 4,1 Challis, C. E. (1992).
  5. 5,0 5,1 Craig, J. (1953).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]