DirectX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
DirectX
DirectX logo.png
Logo do DirectX
Tipo API

DirectX é unha colección de interfaces de programación de aplicacións (API) que foi desenvolvida para tornar máis doado o xeito de traballar con funcións de multimedia no sistema Windows. Inicialmente, cando foi creada en 1995, era destinada unicamente para ser usada nos videoxogos, mais paulatinamente tivo o seu uso ampliado para outros tipos de programas.

O seu nome foi tomado dunha das características principais do paquete, que é permitir o acceso directo a determinados compoñentes da máquina. Este tipo de acceso era unha cousa que o sistema Windows non permitía nas súas primeiras versións, pero o sistema anterior da propia Microsoft, o MS-DOS, que tiña tecnoloxía inferior, daba a posibilidade. Tamén o nome conservouse porque a partícula "direct" encabezaba os nomes de tódalas interfaces de programación, tal coma DirectDraw, DirectSound e Direct3D, nas versións orixinarias do conxunto.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What is DirectX?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2016. 
  2. "The History of DirectX" (en inglés). CodingUnit Programming Tutorials. Consultado o 29 de febreiro de 2016. 
  3. "Directx e sua evolução nos jogos" (en portugués). GameVicio. Consultado o 1 de marzo de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.