Diocese católica latina de Yongnian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Yongnian

Localización
Mapa
 36°47′N 114°30′L / 36.78, 114.5Coordenadas: 36°47′N 114°30′L / 36.78, 114.5
Poboación
Lingua usadamandarín estándar Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Creación1929 Editar o valor em Wikidata

Páxina webhdcatholic.org Editar o valor em Wikidata

A diocese de Yongnian ou Weixian (en latín: Dioecesis Iomnienina) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Pequín. A sé está actualmente vacante.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese abrangue a parte meridional da provincia chinesa de Hebei. A sé episcopal é a cidade de Handan.

Historia[editar | editar a fonte]

O 24 de maio de 1929 foi erixida a prefectura apostólica de Yongnian, co breve Quod Nobis do papa Pío XI, en territorios da vigairía apostólica de Xianxian. Pouco despois, o 6 de marzo de 1933 a prefectura foi eelvada a vigairía co breve Comperimus do mesmo Pío XI.

O 11 de abril de 1946 a vigairía foi elevada a diocese, coa bula Quotidie Nos do papa Pío XII.

O 20 de abril de 1958 foron por primeira vez ordenados en Xianxian algúns bispos sen a autorización da Santa Sé, entre eles un bispo para Yongnian, Wang Shouqian. Estes bispos, xa que logo, non foron recoñecidos pola Igrexa como lexítimos ordinarios das súas dioceses.[1]

O 29 de abril de 1986 foi consagrado bispo, coa aprobación da Santa Sé e do goberno chinés, Chen Bolu, retirándose en 1999 tras consagrar como bispo coadxutor a Stephen Yang Xiangtai; o 14 de novembro de 1989 fora ordenado clandestinamente o bispo Han Dingxiang, arrestado polas autoridades en 1995 e finado en prisión o 9 de setembro de 2007.

O 29 de xuño de 2011 estaba prevista a ordenación episcopal do bispo auxiliar Joseph Sun Jigen, con aprobación chinesa e vaticana. Porén, rexeitou a súa ordenación por parte dun bispo ilexítimo, polo que as autoridades anularon a cerimonia.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

  • Sé vacante (1951/1953 - 1988)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yan Kejia (2004). China Intercontinental Press, ed. Catholic Church in China (en inglés). pp. 120–122. ISBN 9787508505992. 
  2. Non aceptado polas autoridades, non chegou a exercer libremente.
  3. Agenzia Fides, ed. (08/10/2007). "ASIA/CHINA - In life and in death Bishop Giovanni Han Dingxiang suffered for the cause of the Gospel".