Saltar ao contido

Dinastía Safávida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinastía Safávida
 Nome oficial
ملک وسیع‌الفضای ایران (fa)  
مملکت ایران (fa)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Parte de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Cultura
 Lingua oficial
 Relixión
 Relixión oficial
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
 Órgano lexislativo
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1501 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
8 de marzo de 1736 Editar o valor en Wikidata
 Período
Historia
 Precedido por
Imperio Timúrida (1370 - 1507)
Shirvanshahs (en) Traducir (861 - 1538)
Aq Qoyunlu (1378 - 1508)
Kar-Kiya dynasty (en) Traducir (década de 1370 - 1592)
Mar'ashis (en) Traducir
Paduspanids (en) Traducir
Mihrabanids (en) Traducir (1236 - )
Afrasiab dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Império Afexárida (pt) Traducir (1736 - 1796) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
Tabriz (1501 - 1555)
Qazvin (pt) Traducir (1555 - 1598)
Isfahán (1598 - 1736) Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
(1624)
Cifras e dimensións
 Poboación
   20.000.000 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.850.000 km² Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Imperio safávida foi o imperio iraniano máis grande e duradeiro despois da conquista musulmá de Persia, gobernado pola dinastía xiíta safávida de 1501 a 1736.[1] [2] [3] [4] Os historiadores din que foi o alicerce da historia iraniana moderna.[5]

Desde o século VII até comezos do XIII, o territorio de Persia estivo baixo o control dos árabes e dos turcos selxúcidas, e os seus habitantes convertéronse ao islam. Persia formou parte dun Imperio Islámico global, pero sempre estivo influenciada por moitas dinastías.

Os safávidas eran descendentes do xeque kurdo Safi-ad-din Ardabili (1253–1334)[6] quen conseguiu eliminar a influencia das tribos turcomanas. Ismail I foi o fundador da dinastía. En 1501, foi nomeado xa de Acerbaixán e estableceu a súa capital en Tabriz; en 1510, o novo imperio adquirira territorios desde Iraq até Khorasan e de Bakú até o Golfo Pérsico.

Os otománs atacaron Persia, usando a escusa da súa relixión herética. Ao mesmo tempo, Persia tamén tivo que enfrontarse á presión dos emiratos turcomanos. O sucesor de Ismail, Tahmasp I, que gobernou de 1524 a 1576, continuou a loita contra os turcos, unindo forzas cos Habsburgo; os otománs, á súa vez, asinaron un acordo co rei francés Francisco I. Os otománs eran claramente moito máis poderosos e, como resultado, Persia perdeu varios territorios; só quedou a meseta iraniana despois da perda de Bagdad e da sinatura do Tratado de Amasia en 1555.

O período máis próspero de Persia na Idade Moderna foi o século XVII, durante o reinado de Abbas ou Abás I o Grande (1587–1629); Abbas, despois de asinar o Tratado de Constantinopla, procurou expandir o seu imperio cara ao nordeste. Coa axuda dos ingleses, reorganizou o seu exército e lanzou unha ofensiva: capturou Kandahar, expulsou os portugueses de Ormuz e tomou Bagdad e Iraq dos otománs. Abbas I estableceu a capital do reino en Isfahán e reformou a sociedade e a economía. Porén, os seus sucesores, Safi I (1629–1642) e Abbas II ( 1642–1667), eran moi débiles, e os numerosos disturbios na corte foron aproveitados polos inimigos dos safávidas. Así, Isfahán caeu en mans do emir afgán Mahmud Hotak en 1722.

Aínda que Mahmud Hotak foi nomeado Shahanshah de Persia en 1722, as provincias setentrionais do Imperio safávida estaban en mans dos turcomanos de Bukhara, os rusos dominaban o sur do mar Caspio e a influencia otomá estaba a resurxir en Acerbaixán, Armenia e Mesopotamia. A devastación causada por todos estes inimigos non lle deixou ao sucesor de Mahmud Hotak, Ashraf Khan, máis remedio que aceptar o sultán turco como único señor supremo, e tamén se viu obrigado a prometer converter os persas ao islam sunnita. As tribos do norte foron as primeiras en responder a esta situación; baixo as ordes do líder nómade Nadir, Tahmasp II foi proclamado rei en 1729, despois de renunciar á supremacía afgá, liberar Acerbaixán, Armenia e Xeorxia do dominio turco e recuperar as provincias que lles arrebatara Rusia. En 1736, Nadir derrocou a Abbas III e proclamouse rei, tomando o nome de Nadir Shah. Así rematou a dinastía safávida e comezou a dinastía afshárida.

  1. Helen Chapin Metz, ed., Iran, a Country study. 1989. University of Michigan, p. 313.
  2. Emory C. Bogle. Islam: Origin and Belief. University of Texas Press. 1989, p. 145.
  3. Stanford Jay Shaw. History of the Ottoman Empire. Cambridge University Press. 1977, p. 77.
  4. Andrew J. Newman, Safavid Iran: Rebirth of a Persian Empire, IB Tauris (30 de marzo de 2006).
  5. "Safavids". iranicaonline.org. 2017-6-13. ISSN 2330-4804. (en inglés)
  6. "EBN BAZZĀZ". Encyclopaedia Iranica (en inglés). Consultado o 2026-05-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]