Dinastía Iamkhad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo de Abba-El I.

A dinastía iamkhad, foi unha antiga familia real amorrea fundada en c. -1810[1] por Sumu-Epud de Iamkhad que tivo a súa capital na cidade de Alepo en Siria[2]. Aínda que orixinalmente era unha dinastía local, a familia estendeu a súa influencia a través das accións do seu enérxico gobernante Iarim-Lim I, que a converteu na familia máis influente do Levante por medios tanto diplomáticos como militares. No seu punto álxido a dinastía controlaba a maior parte do norte de Siria e a provincia da moderna Turquía de Hatay cunha rama menor gobernando a cidade de Alalakh (Terra de Mukish).

A dinastía foi expulsada durante unha breve ocupación hitita de Alepo a principios do século -XVI pero recuperou o trono e expandiu o reino de novo antes de ser expulsados de Alepo polos mitanni en c. -1525. Idrimi, un membro da dinastía, foi quen de conquistar Alalakh legándoa aos seus descendentes ata que o último deles foi destronado polo rei hitita Suppiluliuma I en c. -1344.

A poboación de Iamkhad era predominantemente amorita e tivo unha típica cultura siria da Idade do Bronce. Iamkhad tamén foi habitado por unha substancial poboación hurrita que se asentou no reino, engadindo a influencia da súa cultura. Iamkhad controlou unha ampla rede comercial xa que era o paso entre o altoplano iraniano no leste e o mar Exeo no oeste. No rei adorábanse as tradicionais divindades semíticas do noroeste e a súa capital Halab foi considerada santa entre outras cidades sirias debido ao culto de Hadad, que foi recoñecido como a principal divindade do norte de Siria[3].

Historia[editar | editar a fonte]

Pouco de Halab foi escavado polos arqueólogos, pois nunca foi abandonada durante a súa longa historia e a cidade moderna está situada sobre o mesmo lugar que ocupaba a cidade antiga[4]. Por tanto, moito do coñecemento sobre Iamkhad vén das taboíñas descubertas en Alalakh e Mari[5].

Con toda probabilidade Iamkhad era un nome tribal[6][7][8]. A dinastía entrou nos rexistros históricos cando se mencionou ao seu fundador Sumu-Epuh como un inimigo nas inscricións de Iahdun-Lim de Mari[9]. Sumu-Epuh enfrontouse a inimigos perigosos, o máis importante deles Shamshiadad I de Asiria e morreu nunha das batallas[10]. O seu sucesor Iarim-Lim I foi quen de derrotar a todos os seus inimigos converténdose en gran rei, durante o seu reinado aliouse con Hammurabi de Babilonia, e a dinastía converteuse na familia máis influente do Levante, cos exércitos de Iamkhad combatendo en lugares tan afastados como Diniktum, no sur de Mesopotamia, preto das fronteiras de Elam[11][12]. Os matrimonios dinásticos xogaron un papel na política da dinastía e incluíron a membros de familias reais de moitos reinos como Ebla e Mari, cuxo rei Zimri-Lim estaba casado con Shibtu, a filla de Iarim-Lim I[13][14].

Hammurabi I (re. c. -1764), fillo de Iarim-Lim I, gobernou un reino próspero. A hexemonía da dinastía mantívose sen rival e conseguiu anexionar Karkemish como vasalo[15]. O seu sucesor Abba-El I colocou ao seu irmán máis novo Iarim-Lim no trono de Alalakh en c. -1735, creando así unha rama menor da dinastía baixo a hexemonía do gran rei en Alepo[16].

En Alepo[editar | editar a fonte]

Caso legal de Niqmi-Epuh ao rei de Alalakh.

A liña de grandes reis en Alepo continuou mantendo a hexemonía sobre os outros reinos sirios. Abba-El I foi sucedido polo seu fillo Iarim-Lim II, cuxo reinado non está ben documentado, e os seus sucesores Niqmi-Epuh e Irkabtum combateron cos principados hurritas e garantiron o dominio do reino no norte[17][18]. O curto reinado de Hammurabi II estivo seguido polo de Iarim-Lim III, que derrotou a Qatna, vello rival da dinastía, pero o perigo veu do norte ao lanzar o rei hitita Hattusili I unha serie de campañas destrutivas contra os aliados do reino comezando por Alalakh, que caeu en c. -1650[19]. A guerra continuou durante moitos anos até acabar co saqueo de Alepo e a captura de Hammurabi III en c. -1600[20] por Mursili I, o sucesor de Hattusili[21][22].

Tras o asasinato de Mursili, Sarra-El, un príncipe e posíbel fillo de Iarim-Lim III, recuperou Alepo e gobernou un reino moito máis pequeno que de novo incluía Alalakh[23][24]. Foi sucedido no trono polo seu fillo Abba-El II, e posteriormente polo seu neto Ilim-Ilimma I, que foi o último membro da dinastía en gobernar Alepo como rei, tras ser asasinado en c. -1525[25][26], o que puxo fin ao reino de Iamkhad[27].

En Alalakh[editar | editar a fonte]

Iarim-Lim de Alalakh.

Dúas ramas menores gobernaron Alalakh. A primeira delas foi fundada por Iarim-Lim, fillo de Hammurabi I, en c. -1735. Tivo un reinado especialmente longo do mesmo xeito que o seu sucesor Ammitakum, que comezou o seu reinado a principios do reinado de Niqmi-Epuh e morreu pouco antes do saqueo de Alalakh[28]. Ammitakum reafirmou a súa autonomía de Iamkhad sen declarar un reino independente, e nomeou o seu fillo o príncipe Hammurabi o seu sucesor en presenza de Iarim-Lim III, que non tomou parte en dita decisión[29]. Estes actos probabelmente xogaron un papel na decisión de Alepo de non enviar reforzos para protexer Alalakh dos hititas, que a saquearon e acabaron coa primeira rama gobernante en c. -1650[30].

A segunda rama estableceuna Idrimi, fillo de Ilim-Ilimma I, que conseguiu conquistar Alalakh sete anos despois da súa fuxida de Alepo, que caeu en mans do rei mitanni Parsatatar[31]. Idrimi gobernou Alalakh e a súa área, que se chamou reino de Mukish, como un vasalo de Mittani, e existen rexistros de que atacou aos hititas[32]. Sucedeuno o seu fillo Addu-nirari; e a este á súa vez o seu segundo fillo Niqmepa, que controlou Alepo como un vasalo de Mitani[33][34]. Sucedeuno Ilim-Ilimma II, que legou o reino ao seu fillo Itur-Addu, último rei da dinastía[35]. Itur-Addu aliouse con Nuhašša e Niya para facer fronte aos exércitos do rei hitita Suppiluliuma I, que derrotou a Itur-Addu e anexionou tanto Alepo como Alalakh en c. -1344[36][37].

Membros[editar | editar a fonte]

Reis de Alepo[editar | editar a fonte]

Os datos son estimados e proporcionados segundo unha cronoloxía media[38].

Reis en Alalakh[editar | editar a fonte]

Outros membros[editar | editar a fonte]

  • Sumunna-Abi: esposa de Sumu-Epuh e nai de Iarim-Lim I[50].
  • Gashera: esposa de Iarim-Lim I e nai de Hammurabi I[51].
  • Shibtu: filla de Iarim-Lim I e raíña consorte de Zimri-Lim de Mari.
  • Tatteya: filla de Hammurabi I[52].
  • Nakkusse: fillo de Hammurabi I, ostentou altos cargos na corte do seu irmán Iarim-Lim de Alalakh[53].
  • Hammurabi: fillo de Ammitakum de Alalakh, a súa sucesión ao trono é dubidosa.
  • Abba-El: fillo de Niqmi-Epuh[54].
  • Bintikidiya: unha princesa mencionada nunha taboíña de Alalakh, de filiación descoñecida[24]

Árbore xenealóxica[editar | editar a fonte]

     Rei de Alepo -      Rei de Alalakh -      Raíña -      Príncipe -      Princesa - Liña descontinua: relación incerta.

Selo de Iarim-Lim II.
Selo de Niqmi-Epuh.
Selo de Abba-El II.
Idrimi de Alalakh.
Taboíña de Niqmepa usando o selo de Abba-El II.
Sumu-Epuh
re. desde -1810 a -1780
Sumunna-Abi
Iarim-Lim I
re. desde -1780 a -1764
Gashera
Hammurabi I
re. desde -1764 a -1750
ShibtuZimri-Lim
TatteyaNakkusseIarim-Lim de Alalakh
re. desde -1735 a -?
Abba-El I
re. desde -1750 a -1720
AmmitakumIarim-Lim II
re. desde -1720 a -1700
HammurabiNiqmi-Epuh
re. desde -1700 a -1675
Abba-ElIrkabtum
re. desde -1675 a mediados do século -XVII
Hammurabi II
re. mediados do século -XVII
Yarim-Lim III
re. desde mediados do século -XVII a -1625
Sarra-El
re. mediados do século -XVI
Hammurabi III
re. desde -1625 a -1600
Abba-El II
re. mediados do século -XVI
Ilim-Ilimma I
re. desde mediados do século -XVI a -1525
Idrimi
re. desde -1518 a -1480
NiqmepaAddu-nirari
Ilim-Ilimma II
Itur-Addu

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Facoltà di teologia Pontificia università della Santa Croce (Vaticano Città del). Dissertationes. 
  2. Sicker 2000, p. 4.
  3. Dalley 2002, p. 44.
  4. Pioske 2015, p. 188.
  5. Grabbe 2007, p. 58.
  6. Gordon Douglas Young. Ugarit in Retrospect. p. 7. 
  7. Hawkins 2000, p. 388.
  8. Potts 2012, p. 781.
  9. Douglas Frayne. Old Babylonian Period (2003-1595 BC). p. 780. 
  10. Trevor Bryce. The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia. 
  11. William J. Hamblin. Warfare in the Ancient Near East to 1600 BC. 
  12. Jack M. Sasson. The Military Establishments at Mari. 
  13. Maurizio Forte. Virtual archaeology: re-creating ancient worlds. 
  14. Hennie J. Marsman. Women in Ugarit and Israel: Their Social and Religious Position in the Context of the Ancient Near East. 
  15. William J. Hamblin. Warfare in the Ancient Near East to 1600 BC. 
  16. M. L. West. The East Face of Helicon. 
  17. Jimmy Jack McBee Roberts. The Bible and the Ancient Near East: Collected Essays. 
  18. Akadémiai Kiadó. Acta Antiqua Academiae Scientiarum Hungaricae. 
  19. Iorwerth Eiddon Stephen Edwards. The Cambridge Ancient History. 
  20. Dominique Collon. Ancient Near Eastern Art. 
  21. Trevor Bryce. The Kingdom of the Hittites. 
  22. Trevor Bryce. Ancient Syria: A Three Thousand Year History. 
  23. Trevor Bryce. The Kingdom of the Hittites. 
  24. 24,0 24,1 Michael C. Astour. Orientalia: Vol. 38. 
  25. Trevor Bryce. The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia. 
  26. Michael C. Astour. Hittite history and absolute chronology of the Bronze Age. 
  27. Thomas Nelson. The Chronological Study Bible. 
  28. wilfred van soldt. Akkadica, Volumes 111-120. 
  29. L. Kakosy. Oikumene. 
  30. Noelle Watson; Paul Schellinger. Southern Europe: International Dictionary of Historic Places. 
  31. Tremper Longman. Fictional Akkadian Autobiography: A Generic and Comparative Study. 
  32. Dominique Collon. Ancient Near Eastern Art. 
  33. Eva Von Dassow. State and Society in the Late Bronze Age: Alalaḫ Under the Mittani Empire. 
  34. Trevor Bryce. The Kingdom of the Hittites. 
  35. Frank A. Spina; Alberto Ravinell Whitney Green. The Quest for the Kingdom of God: Studies in Honor of George E. Mendenhall. 
  36. Eva Von Dassow. State and Society in the Late Bronze Age: Alalaḫ Under the Mittani Empire. 
  37. Trevor Bryce. The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia. 
  38. Hamblin 2006, p. 253.
  39. Liverani 2013, p. 234.
  40. Frayne 1990, p. 783.
  41. Teissier 1996, p. 28.
  42. Frayne 1990, p. 788.
  43. Frayne 1990, p. 792.
  44. Teissier 1996, p. 26.
  45. Soldt 2000, p. 106.
  46. Frayne 1990, p. 795.
  47. Soldt 2000, p. 107.
  48. 48,0 48,1 Astour 1989, p. 382.
  49. Astour 1989, p. 19.
  50. The Oxford Handbook of Cuneiform Culture. 
  51. Daniel E. Fleming. Democracy's Ancient Ancestors: Mari and Early Collective Governance. 
  52. Wilfred van Soldt. Akkadica, Volumes 111-120. 
  53. Nadav Naʼaman. Canaan in the Second Millennium B.C.E. 
  54. Michael C. Astour. Hittite history and absolute chronology of the Bronze Age. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Archi, Alfonso (1994). Orientalia: Vol. 63. [S.l.: s.n.].
  • Aruz, Joan; Graff, Sarah B.; Rakic, Yelena (2013). Cultures in Contact: From Mesopotamia to the Mediterranean in the Second Millennium BC. [S.l.]: Metropolitan Museum of Art. ISBN 978-1-58839-475-0.
  • Astour, M. C. (1969). Orientalia. 38. [S.l.]: Pontificium Institutum Biblicum.
  • Astour, Michael C. (1989). Hittite history and absolute chronology of the Bronze Age. [S.l.]: P. Åström. ISBN 978-91-86098-86-5.
  • Bryce, Trevor (2014). Ancient Syria: A Three Thousand Year History. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-964667-8.
  • Bryce, Trevor (2009). The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia: The Near East from the Early Bronze Age to the Fall of the Persian Empire. [S.l.]: Routledge. ISBN 1134159080.
  • Bryce, Trevor (1999). The Kingdom of the Hittites. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-924010-4.
  • Burney, Charles (2004). Historical Dictionary of the Hittites. Lanham, Marilândia; Toronto; Oxford: The Scarecrow Press.
  • Charpin, Dominique (2010). Writing, Law, and Kingship in Old Babylonian Mesopotamia. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-10159-0.
  • Collins, Billie Jean (2007). The Hittites and Their World. [S.l.]: Society of Biblical Literature. ISBN 978-1-58983-672-3.
  • Collon, Dominique (1995). 'Ancient Near Eastern Art. Berkeley e Los Angeles: University of California Press. ISBN 978-0-520-20307-5.
  • Coogan, Michael David (2001). The Oxford History of the Biblical World. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-513937-2.
  • Dalley, Stephanie (2002). Mari and Karana: Two Old Babylonian Cities. [S.l.]: Gorgias Press. ISBN 1931956022.
  • Dawson, Tess (2009). Whisper of Stone: Natib Qadish: Modern Canaanite Religion. [S.l.]: John Hunt Publishing. ISBN 978-1-84694-190-0.
  • Edwards, Iorwerth Eiddon Stephen (1973). The Cambridge Ancient History - Vol. II Part 1 - The Middle East and the Aegean Region ca. 1800-1380 B.C. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-08230-7.
  • Feliu, Lluís (2003). The God Dagan in Bronze Age Syria. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-13158-2.
  • Fleming, Daniel E. (2000). Time at Emar: The Cultic Calendar and the Rituals from the Diviner's Archive. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 978-1-57506-044-6.
  • Frayne, Douglas (1990). Old Babylonian Period (2003–1595 BC). Toronto: University of Toronto Press. ISBN 978-0-8020-5873-7.
  • Freedman, David Noel; Myers, Allen C. (2000). Eerdmans Dictionary of the Bible. Amsterdã: Amsterdam University Press. ISBN 9053565035.
  • Fronzaroli, Pelio (2003). Semitic and Assyriological Studies. [S.l.]: Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-04749-4.
  • Grabbe, Lester L. (2007). Ancient Israel: What Do We Know and How Do We Know It?. [S.l.]: A&C Black. ISBN 978-0-567-03254-6.
  • Green, Alberto Ravinell Whitney (2003). The Storm-god in the Ancient Near East. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 978-1-57506-069-9.
  • Hamblin, William J. (2006). Warfare in the Ancient Near East to 1600 BC - Holy Warriors and the Dawn of History. Londres e Nova York: Routledge. ISBN 0-415-25589-9.
  • Hansen, Mogens Herman (2000). A Comparative Study of Thirty City-state Cultures: An Investigation. 21. [S.l.: s.n.] ISBN 978-87-7876-177-4.
  • Hawkins, John David (2000). Inscriptions of the Iron Age: Part 1. [S.l.]: Walter de Gruyter. ISBN 3110804204.
  • Heinz, Marlies; Feldman, Marian H. (2007). Representations of Political Power. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 157506135X.
  • Insoll, Timothy (2011). The Oxford Handbook of the Archaeology of Ritual and Religion. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-923244-4.
  • Instituto Britânico (2005). Anatolian Studies, Volumes 55–57. Ancara: Instituto Britânico de Arqueologia en Ancara.
  • Kennedy, Hugh N. (2006). Muslim Military Architecture in Greater Syria. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-14713-6.
  • Leick, Gwendolyn (2009). The Babylonian World. Londres e Nova Iorque': Routledge. ISBN 9780203946237.
  • Liverani, Mario (2013). The Ancient Near East: History, Society and Economy. [S.l.]: Routledge. ISBN 978-1-134-75091-7.
  • Matthiae, Paolo; Romano, Licia (2010). 6 ICAANE. [S.l.]: Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-06175-9.
  • Melville, Sarah; Slotsky, Alice (2010). Opening the Tablet Box: Near Eastern Studies in Honor of Benjamin R. Foster. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-18652-2.
  • Meyers, Eric M. (1997). The Oxford encyclopedia of archaeology in the Near East. 3. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-511217-7.
  • Nathanson, Michael (2013). Between Myth & Mandate. [S.l.]: Author House. ISBN 1491823100.
  • Necipoğlu, Gülru; Leal, Karen (2010). Muqarnas. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 90-04-18511-9.
  • Nelson, Thomas (2008). The Chronological Study Bible. [S.l.]: Thomas Nelson Inc. ISBN 978-0-7180-2068-2.
  • Oldenburg, Ulf (1969). «The Conflict Between El and Ba'al in Canaanite Religion». Diss Ertationes. Leida e Nova York: Brill Archive.
  • Payne, Annick (2012). Iron Age Hieroglyphic Luwian Inscriptions. Atlanta, Geórgia: Society of Biblical Literature. ISBN 978-1-58983-658-7.
  • Pioske, Daniel (2015). David’s Jerusalem: Between Memory and History. [S.l.]: Routledge. ISBN 1317548914.
  • Podany, Amanda H. (2010). Brotherhood of Kings: How International Relations Shaped the Ancient Near East. [S.l.]: Oxford University Press. ISBN 978-0-199-79875-9.
  • Potts, D. T. (2012). A Companion to the Archaeology of the Ancient Near East. [S.l.]: John Wiley & Sons. ISBN 978-1-4443-6077-6.
  • Radner, Karen; Robson (2011). The Oxford Handbook of Cuneiform Culture. Oxford: OUP Oxford. ISBN 0199557306.
  • Ring, Trudy; Salkin, Robert M. ; Boda, Sharon La (1995). International Dictionary of Historic Places: Southern Europe. [S.l.]: Taylor & Francis. ISBN 978-1-884964-02-2.
  • Ring, Trudy; Watson, Noelle; Schellinger, Paul (2013). Southern Europe: International Dictionary of Historic Places. Londres e Nova York: Routledge. ISBN 978-1-134-25965-6.
  • Sasson, Jack M. (1969). The Military Establishments at Mari. [S.l.]: Gregorian Biblical BookShop.
  • Sicker, Martin (2000). The Pre-Islamic Middle East. [S.l.]: Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-96890-1.
  • Sicker, Martin (2003). The Rise and Fall of the Ancient Israelite States. [S.l.]: Greenwood Publishing Group. ISBN 978-0-275-98012-2.
  • Soldt, Wilfred Van (2000). «Syrian Chronology in the Old and Early Middle Babylonian Periods». Fondation assyriologique Georges Dossin. Akkadica. 119-120.
  • Steiner, Margreet L.; Killebrew, Ann E. (2013). The Oxford Handbook of the Archaeology of the Levant: c. 8000–332 BCE. Oxford: Oxford University Press.
  • Taracha, Piotr (2009). Religions of Second Millennium Anatolia. [S.l.]: Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-05885-8.
  • Teissier, Beatrice (1996). Egyptian Iconography on Syro-Palestinian Cylinder Seals of the Middle Bronze Age. [S.l.]: Saint-Paul. ISBN 3525538928.
  • Thomas, David Winton (1967). Archaeology and Old Testament study: jubilee volume of the Society for Old Testament Study, 1917–1967. [S.l.]: Clarendon P.
  • Toorn, K. Van Der (1996). Family Religion in Babylonia, Ugarit and Israel. Leida e Nova York: BRILL. ISBN 9004104100.
  • Wossink, Arne (2009). Challenging Climate Change: Competition and Cooperation Among Pastoralists and Agriculturalists in Northern Mesopotamia (c. 3000-1600 BC). [S.l.]: Sidestone Press. ISBN 9088900310.
  • Wu, Yuhong (1994). A Political History of Eshnunna, Mari and Assyria During the Early Old Babylonian Period: From the End of Ur III to the Death of Šamši-Adad. [S.l.: s.n.].
  • Young, Gordon Douglas (1981). Ugarit in Retrospect. [S.l.]: Eisenbrauns. ISBN 0931464072.
  • Zohar, Tsevi; Zohar, Zvi (2013). Rabbinic Creativity in the Modern Middle East. [S.l.]: A&C Black. ISBN 978-1-4411-3329-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]