Dina Salústio
Dina Salústio | |
---|---|
Alcume | Dina Salústio |
Nacemento | 1941 |
Lugar de nacemento | Santo Antão, Cabo Verde |
Nacionalidade | Cabo Verde |
Ocupación | escritora, profesora e xornalista |
Premios | Premio Rosalía de Castro de Lingua |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dina Salústio, pseudónimo de Bernardina Oliveira, nada en Santo Antão en 1941, é unha escritora cabo verdiana.[1] En 2016 o Centro PEN Galicia outorgoulle o Premio Rosalía de Castro.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi profesora, asistente social e xornalista en Cabo Verde, Portugal e Angola. Tamén foi produtora de radio e dirixiu un programa educativo. Ademais traballou no Ministério de Asuntos Exteriores de Cabo Verde.[3]
Foi unha das fundadoras da Associação dos Escritores Cabo-verdianos e de diferentes publicacións literarias.
Narradora e ensaísta tamén publicou poesía nas revistas Mudjer, Ponto& Vírgula, Fragmentos, Fragata, no xornal A Semana e na antoloxía Mirabilis-de-Veias ao Sol.[4]
A súa obra apunta os lugares, criticamente, demarcados pola súa escrita: a viveência, como muller e negra, nun país colonizado. Nestas cuestións, historicamente construídas, a escritora pretende provocar recoñecementos que permitan reconstruír esa mesma historia, con máis xustiza e beleza.[5]
Obra[editar | editar a fonte]
Contos[editar | editar a fonte]
- Mornas Eram as Noites (1994). Praia: Instituto caboverdiano do livro e do disco. Reed. Lisboa: Instituto Camões, 199. Colectánea de 35 contos.[6]
Novela[editar | editar a fonte]
- A Louca de Serrano (1998). Praia: Spleen Edições.
- Filhas do vento (1999). Praia: Instituto da Biblioteca Nacional e do Livro.
Infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]
- A estrelinha tlim tlim (1998). Praia; Mindelo: Centro Cultural Português. Ilustracións Júlio Resende.
- Que os olhos não vêem (2002). Con Marilene Pereira. Praia: Centro Cultural Português.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Violência contra as mulheres (1999). Praia: ICF, 93p.
Premios[editar | editar a fonte]
- 1994: Primeiro premio de literatura infantil de Cabo Verde.
- 1999: Terceiro premio de literatura infantil dos PALOP.
- 2016: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN de Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biografia de Dina Salustio". www.ikuska.com (en castelán). Consultado o 2020-12-11.
- ↑ "Grandes, Dina Salústio, Alex Susanna e Landa gañan os premios Rosalía de Castro". La Voz de Galicia. 2016-09-10. Consultado o 2020-12-11.
- ↑ Infopédia. "Dina Salústio - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-12-11.
- ↑ Fenske, Postado por Elfi Kürten. "Dina Salústio - poeta e prosadora cabo-verdiana". Consultado o 2020-12-11.
- ↑ Santos, Olímpia Maria dos (2018-09-28). "DINA SALÚSTIO: Mulher, Caboverdiana, Escritora". Episteme Transversalis (en portugués) 9 (2). ISSN 2236-2649. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de decembro de 2020.
- ↑ "A CONDIÇÃO FEMININA EM MORNAS ERAM AS NOITES, DE DINA SALÚSTIO" (PDF). researchgate.net.