Dinámica de virus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A dinámica de virus úsase frecuentemente para estudar o VIH. Na imaxe VIH-1, en verde, emerxendo dun cultivo de linfocitos.

A dinámica de virus é o campo da Biomatemática dedicado á descrición do comportamento dos virus.[1] Os modelos matemáticos empregados reflicten os cambios da poboación de células afectada ao longo do tempo, así como a competición entre distintas cepas víricas e o efecto da resposta inmunitaria.

Orixinalmente, a dinámica vírica baseábase nos modelos preexistentes para epidemias e na actualidade manteñen unha semellanza considerable no que ás ferramentas matemáticas empregadas se refire, como por exemplo o uso do número básico de reprodución. Porén, existen diferenzas noutros aspectos, entre as que destaca a disparidade da escala considerada: dentro dun individuo fronte a entre individuos, respectivamente.

Un campo de aplicación frecuente desta disciplina é o estudo do VIH,[1][2] así como as hepatites B,[3][4] e C[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Nowak, Martin; May, Robert (2001). Virus Dynamics: mathematical principles of immunology and virology. 
  2. Perelson, Alan S; Ribeiro, Ruy M (2013). "Modeling the within-host dynamics of HIV infection". BMC Biology 11 (1): 96. doi:10.1186/1741-7007-11-96. 
  3. Nowak, MA; Bonhoeffer, S; Hill, AM; Boehme, R; Thomas, HC; McDade, H (1996). "Viral dynamics in hepatitis B virus infection". Proceedings of the National Academy of Sciences 93: 4398–4402. doi:10.1073/pnas.93.9.4398. 
  4. Ciupe, SM; Ribeiro, RM; Nelson, PW; Perelson, AS (2007). "Modeling the mechanisms of acute hepatitis B virus infection". Journal of Theoretical Biology 247 (1): 23–35. doi:10.1016/j.jtbi.2007.02.017. 
  5. Neumann, A; Lam, NP; Dahari, H; Gretch, DR; Wiley, TE; Layden, TJ; Perelson, AS (1998). "Hepatitis C Viral Dynamics in Vivo and the Antiviral Efficacy of Interferon-α Therapy". Science 282 (5386): 103–107. doi:10.1126/science.282.5386.103. 
  6. Chatterjee, A; Smith, PF; Perelson, AS (2013). "Hepatitis C Viral Kinetics: The Past, Present, and Future". Clinics in Liver Disease 17 (1): 13–26. doi:10.1016/j.cld.2012.09.003. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]