Dimitrije Balać
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xullo de 1913 Kordun |
| Morte | 26 de maio de 1979 |
| Lugar de sepultura | Seminario Ortodoxo Serbio de San Sava |
| Abade | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa serbia libre |
| Actividade | |
| Ocupación | relixioso, bispo ortodoxo |
Dimitrije (en cirílico: Димитрије), nado como Dušan Balać (en cirílico: Душан Балаћ) o 16 de xullo de 1913 na rexión de Kordun (Austria-Hungría, hoxe Croacia) e finado o 26 de maio de 1979, foi un bispo da Igrexa ortodoxa serbia libre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 16 de xullo de 1913 na rexión de Kordun, hoxe parte de Croacia e entón parte do reino de Croacia Eslavonia (Austria-Hungría).[1] Logo de estudar para monxe no mosteiro de Visoki Dečani, foi ordenado monxe o 15 de decembro de 1934, tomando o nome de Dimitrije. O seu pai espiritual foi o abade Dionisije Milivojević, futuro bispo de América e o Canadá. O 15 de decembro de 1935 foi ordenado hieromonxe, e durante os anos seguintes foi abade do mosteiro de Visoki Dečani, abade do mosteiro de Gomirje, e párroco temporal en Marindol, preto de Karlovac.[1]
En 1940 Dionisije Milivojević convidoulle a acompañarlle aos Estados Unidos de América, chegando Dimitrije Balać o 15 de abril de 1940 e sendo nomeado abade do mosteiro de San Sava en Libertyville.[1] Durante os anos seguintes exerceu no sur de Chicago, Indiana Harbor, e Omaha.[1] Posteriormente foi párroco en Joanstown, Shedland, e nos Ánxeles até os anos sesenta, cando foi elevao ao rango de arquimandrita e nomeado secretario da eparquía de América e o Canadá.[1]
En 1964 acompañou a Dionisije Milivojević ao Reino Unido, e posteriormente a Damasco e Beirut; a finais de outubro chegaron a Australia.[1] O 31 de outubro de 1964, en Melbourne, foi elixido bispo da nova eparquía de Australia e Nova Zelandia;[1] esta elección foi confirmada pola asemblea da eparquía de América e o Canadá celebrada en Libertyville entre o 28 e o 30 de setembro de 1966, e Balać foi ordenado bispo o 13 de novembro de 1966 no mosteiro de San Sava.[1]
O bispo Dimitrije chegou novamente a Australia o 26 de decembro de 1966.[1] O 8 de febreiro de 1967 creou o tribunal canónico diocesano. A súa chegada á diocese impulsou a construción e consagración de varios templos, e caracterizouse por un pontificado dilixente e creativo na organización da igrexa.[1]
O 15 de febreiro de 1968 participou na ordenación episcopal do bispo da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa Andrej Kryt como bispo de Hrodna-Navahrudak e Cleveland,[2] e o 10 de marzo do mesmo ano na do bispo da mesma Igrexa Mikalaj Macukievič como bispo de Turaŭ-Pinsk e Toronto.[3]
Finou o 26 de maio de 1979, e está enterrado no mosteiro de San Sava de Libertyville.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Spasović, Stanimir; Miletić, Srboljub M. (2008). "Епископ Димитрије". Историја Српске православне цркве у Аустралији, Новом Зеланду и Јужној Африци [Historia da Igrexa ortodoxa serbia en Australia, Nova Zelandia e Suráfrica] (en serbio). Serbian Orthodox Church, Metropolitanate of Australia and New Zealand. ISBN 9780646475776. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2014.
- ↑ Слесарев, А.В. (2018). "Процесс развития церковного раскола белорусской диаспоры и формирование иерархии БАПЦ в 1949–1968 гг.". Труды Минской духовной академии (15): 203–235.
Несмотря на сопротивление секретаря Собора Епископов БАПЦ и руководства БНР, протоиерей Александр Крит прибыл в г. Аделаида (Австралия), где началась его подготовка к архиерейской хиротонии. 11 февраля 1968 г. он был пострижен в монашество с наречением имени Андрей и возведен в сан архимандрита, а уже 15 февраля в греческом храме святых Архангелов рукоположен во епископа Гродненско-Новогрудского и Кливлендского. В его хиротонии принимали участие архиепископ Минский и всея Беларуси Сергий (Охотенко) и епископ Австралийский и Новозеландский Димитрий (Балач), иерарх Свободной Сербской Православной Церкви.
- ↑ Слесарев, А.В. (2018). "Процесс развития церковного раскола белорусской диаспоры и формирование иерархии БАПЦ в 1949–1968 гг.". Труды Минской духовной академии (15): 203–235.
Рукоположение архимандрита Николая (Мацукевича) во епископа Турово-Пинского и Торонтского состоялась 10 марта 1968 г. в греческом храме святых Архангелов г. Аделаида. В его хиротонии приняли участие архиепископ Сергий (Охотенко), архиепископ Василий (Томащик), епископ Австралийский и Новозеландский Димитрий (Балач), иерарх Свободной Сербской Православной Церкви, и епископ Австралийский Донат (Буртан), иерарх Украинской Автокефальной Православной Церкви (Соборноправной).